Ataces, Attaces, Atax ou Adax (?-418) foi rei dos alanos occidentais en Hispania. Foi o sucesor de Respendial, quen dirixiu aos alanos, xunto cos vándalos e suevos, nunha invasión do Imperio Romano de Occidente na que, tras verse presionados polos hunos, cruzaron o Rin a partir do ano 406, saquearon a Galia e chegaron a Hispania no 409.

Traxectoria No 409, os alanos asentáronse nas provincias de Lusitania e Cartaxinense: "Alani Lusitaniam et Carthaginiensem provincias, et Wandali cognomine Silingi Baeticam sortiuntur" ("Aos alanos asignáronlles as provincias de Lusitania e Cartaxinense, e aos vándalos, co nome de Silingos, a Bética").Hidacio (1906), p. 253 (16) Porén, Bury apunta que non controlaron a Cartaxinense aínda que si facían expedicións de saqueo.Bury 1923, p. 203 Conquistou a cidade Emérita Augusta (actual Mérida), e estableceu nela a súa corte durante uns seis anos, rematando o dominio romano da zona.

Lenda de Coímbra miniatura|Escudo actual de Coímbra. A principios do século V, Ataces despois de conquistar Aeminium e Conímbriga, decidiu fundar outro asentamento na marxe dereita do río Mondego en lugar de Aeminium. Cando Ataces dirixía a construción desta nova cidade que chamou Colimbria (actual Coímbra) en honra á antiga Conímbriga, o rei suevo ⁣Hermerico e o seu exército apareceron para tomar posesión da cidade. O combate entre as dúas faccións foi tan cruento que as augas do Mondego acabaron por tinguirse de vermello. Hermerico retirouse cara ao norte, pero Ataces foi perseguilo e o rei suevo viuse obrigado a pedir a paz. Para iso, ofreceulle ao vencedor a man da princesa Cindazunda, a súa filla. Como é habitual nestes casos, a lenda di que Cindazunda era extremadamente fermosa e que Ataces pronto se namorou dela. A parella real chegou de camiño a Coímbra acompañada do seu pai e axiña se realizaron os casamentos e a voda, con toda a magnificencia. Para conmemorar un acontecemento tan extraordinario, Ataces entregoulle á cidade de Coímbra o escudo, que aínda é o escudo da moderna Coímbra: a doncela coroada é Cindazunda, a copa representa o seu matrimonio con Ataces, o león é o selo de Ataces e o dragón ou serpe alada o selo de Hermerico.

Morte En 418, Ataces foi derrotado e morto na batalla contra o rei visigodo Walia,Hidacio (1906), pp. 256-257 (25) quen chegara a Hispania tras asinar un foedus co emperador Honorio co obxectivo de someter a tódolos bárbaros da península. En terras tartessas, probablemente preto de Xibraltar, se enfrontaron. Os alanos que quedaron en Hispania apelaron ao rei vándalo Gunderico para que aceptase a coroa alanaHidacio (1906), p. 257 (25) polo que pasou a denominarse "rex Wandalorum et Alanorum" ("rei dos vándalos e dos alanos"); título que foi conservado polos sucesivos reis vándalos do norte de África.Bury 1923, p. 204

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hidacio. Cronicóntraducido por Marcelo Macías, en Episcopologio Asturicense (1906) [a partir da páxina 239 . e

Categoría:Finados en 418 Categoría:Historia de España do século V Categoría:Imperio Romano de Occidente Categoría:Nados no século IV Categoría:Século V