Erik Maell, nado en Columbus, Ohio, é un ilustrador e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria Erik Maell cursou estudos superiores de Belas Artes no Columbus College of Art and Design, da súa cidade natal, no que se graduou en 1994,"Mona Lisa Reimagined. Erik Maell". Columbus College of Art & Design. cunha dobre especialización en Belas Artes e Ilustración."Erik Maell". cy.ikedin.com"Special Guest: Erik Maell". Cypruscomiccon.org
A súa obra pictórica foi obxecto de exposicións, tanto individuais como colectivas, en América e en Europa, e como ilustrador traballou en diversos ámbitos, como a industria editorial, o deseño publicitario, a creación de logotipos e o deseño de páxinas web.
Como ilustrador e deseñador gráfico independente, desenvolveu proxectos para clientes como Lucasfilm, Walt Disney Corporation, Universal Studios, Marvel Comics e DC Comics.
Ademais, Erik Maell foi elixido polo Banco Central de Chipre para deseñar, xunto coa ilustradora chipriota Tatiana Soteropoulos, os anversos nacionais dese país da serie completa de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.Serie de moedas deseñadas por Erik Maell. Numista.com"Cyprus: Euro and cent coins". Deutsche Bundesbank. Eusosystem.
En 2015, Maell publicou un libro titulado Mona Lisa Reimagined, no que compila unha serie de varios centos de recreacións desta mítica pintura.Maell, E. (2015). Mona Lisa Reimagined. Goff Books. ISBN 978-1939621269
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en Ohio Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Ilustradores Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Deseñadores gráficos