Lembit Lõhmus, nado en Mustla, condado de Viljandi, o 25 de setembro de 1947, é un ilustrador e deseñador de moedas estoniano.
Traxectoria
Logo de finalizar o seu ensino secundario, Lõhmus cursou estudos superiores de Arte entre 1969 e 1975, primeiro na Escola de Arte de Tartu e posteriormente na Universidade de Arte de Talín (actualmente Academia de Artes de Estonia)."Lembit Lõhmus: Curriculum Vitae". Páxina persoal de Lembit Lõhmus (Lime.planet.ee)
Logo do seu período formativo, entre 1975 e 1977 dirixiu a sección de Artes Aplicadas do Museo de Arte de Estonia.Kolk, Tiina. (2017). "Tundmatu kunstnik, kelle töid teavad kõik". En Kultuur. 29 de setembro.
Nos anos seguintes exerceu como artista gráfico independente e como deseñador de interiores. Tamén é autor de máis de medio milleiro de mataselos e ex libris, e entre 1989 e 1992 foi o presidente do Club de Ex Libris de Talín.
Os seus deseños foron obxecto de exposicións internacionais, tanto individuais como colectivas, en países como Letonia, Lituania, Alemaña, Moldova, Finlandia, Dinamarca, Polonia e Austria.
Lõhmus foi tamén o autor dos deseños de máis de 200 selos de correos,Pärli, Merilin (2017) "Graafik Lembit Lõhmus: margikunst ei ole marginaalne!". En Kultuur. 22 de setembro. primeiro para o servizo postal da Unión Soviética e despois para o de Estonia, así como para outros países. Ademais foi elixido polo Banco Central de Estonia para deseñar o anverso nacional común a toda a serie de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.Serie de moedas deseñadas por Lembit Lõhmus. Numista.com
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Viljandi Categoría:Ilustradores Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Arte de Estonia Categoría:Alumnos da Academia de Artes de Estonia