Manuel da Cal Vázquez, nado en Ourense en 1957, é un político e sindicalista galego.

Traxectoria

Titulouse como Enxeñeiro Técnico Agrícola na Escola Universitaria Técnica de Lugo. Durante o seu tempo de estudante militou na organización estudantil ERGA, pasando despois a integrarse na ANPG e máis adiante na UPG e no Bloque Nacionalista Galego. No ano 2022 ocupaba os cargos de coordenador Xeral da Federación Rural Galega e facía parte do consello de administración do xornal Nós Diario.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Manuel da Cal en Nós Diario.

Artigos de Manuel da Cal en Terraetempo.

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Enxeñeiros de Galicia