Manfred Mehl, nado en Schneidemühl, Estado libre de Prusia, o 4 de marzo de 1939,"Manfred Mehl - Bundesverdienstkreuz". Numismatisches NachrichtenBlatt, 3. 2021. é un profesor e numismático alemán.
Traxectoria
Aínda que Mehl naceu en Schneidemühl —a actual vila polaca de Piła—, en 1945 os acontecementos da Segunda guerra mundial fixeron que tivese que fuxir coa súa nai e parte da súa familia, inicialmente a Erfurt e a partir de 1949 á zona de ocupación británica de Hildesheim, na Baixa Saxonia, onde se estableceu."Manfred Mehl". Battenberg Gietl Verlag.Kampmann, U. (2021).
Alí graduouse en educación secundaria no Gymnasium Andreanum, onde se iniciou o seu interese pola historia e a numismática —o seu traballo de graduación centrouse xa daquela na historia do diñeiro—. Entre 1958 e 1964 cursou estudos superiores de Grego, Latín, Historia Antiga, Arqueoloxía e Estudos Eslavos na Universidade de Hamburgo, e en 2002 acadou o seu doutoramento na Universidade de Leipzig.
Desde 1966 e ata a súa xubilación en 2002, traballou como profesor de ensino secundario en Hamburgo, e logo do seu retiro pasou a dedicarse por completo aos estudos numismáticos.
Manfred Mehl é un especialista na historia da moeda medieval alemá, tema sobre o que centrou as súas investigacións, que deron lugar a un bo número de publicacións, entre elas varias monografías e arredor de 150 artigos.
Desde 1990 é presidente da Asociación de Amigos das Moedas de Hamburgo, entidade na que ingresou en 1969.
Recoñecementos
Hunras
(1995): Medalla de gratitude, do presidente do Parlamento de Saxonia-Anhalt. (2003): Insignia de ouro, da cidade de Hildesheim. (2021): Cruz da Orde do Mérito da República Federal Alemá con banda.
Premios
(2003): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG. (2006): Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP. (2012): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Manfred Mehl ao longo da súa carreira:"Mehl, Manfred". WorldCat Identities."Mehl, Manfred". Regesta Imperii.
(1974). Schöne Hildesheimer Münzen. Gepräge d. Stadt u. d. Bistums. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783870650551 (1995). Die Münzen des Bistums Hildesheim. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602 (1995). Vom Beginn der Prägung bis zum Jahre 1435. Bernward, Hildesheim. ISBN 9783895430602 (1998). Die Münzen der Grafen von Barby und Mühlingen. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420008 (1998). Deutsche Serienscheine von 1918 - 1922 Katalog mit aktuellen Marktpreisen. Gietl Verlag, Battenberg. ISBN 978-3924861254 (2006). Die Münzen des Stiftes Quedlinburg. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3933420022 (2011). Münz- und Geldgeschichte des Erzbistums Magdeburg im Mittelalter. Mehl, Hamburgo. ISBN 978-3-933420-03-9 (2015). Die Münzen und Medaillen von Merseburg von den Anfängen bis 1738. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420039 (2019). Die Münzen und Medaillen des Bistums Naumburg-Zeitz und des späteren Herzogtums Sachsen-Zeitz. Mehl, Hamburgo. ISBN 9783933420067 Kampmann. U. (2019). "Die Münzen und Medaillen von Naumburg-Zeit". En Münzen Woche. 3 de outubro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Kampmann, U. (2021). "Manfred Mehl mit dem Verdienstkreuz am Bande ausgezeichnet". En Münzen Woche. 11 de febreiro de 2021.
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados na Gran Polonia Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Alumnos da Universidade de Hamburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Personalidades sen imaxes