Francisco Paz Fornos, coñecido como Paco, nado en Laraxe (Cabanas) cara a 1916 e finado en Fiúnte (Cabalar, A Capela) en maio de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Paz e Manuela Fornos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1943.BOE, 22-2-1943, p. 703. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 procesado na causa 546/48 xunto con José María Castelo Mosquera, Manuel Ramiro Souto e Emilio Pérez Vilariño.La Noche, 17-11-1948, p. 3.Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4. Participou en varios golpes económicos como o do 22 de marzo de 1949 na casa de Ramón Leira balsa na Mediña ou o do 31 de maio na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela con Pancho e Riqueche. Estivo presente no axustizamento da guerrilleira Josefa Ramiro Santos. Volveu ser reclamado polo xuíz militar da Coruña en xullo de 1949 encartado na causa 201/49 xunto con Francisco Martínez Leira,La Voz de Galicia, 16-11-1949, p. 2. e polo de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira.BOE, 2-9-1949, p. 1863. Enfermo, finou na cova refuxio de Fiúnte a finais de maio de 1951.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1951