Obi-Wan Kenobi é unha miniserie estadounidense creada para o servizo de streaming Disney+. Forma parte da franquía da Guerra das galaxias e está protagonizada por Ewan McGregor como Obi-Wan Kenobi, quen retoma o seu papel dende a triloxía precuela da Guerras das galaxias. A serie está ambientada após os acontecementos de Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005), e conta como Kenobi é enviado a rescatar a Princesa Leia que foi secuestrada (Vivien Lyra Blair) polo Imperio Galáctico, o cal provoca un enfrontamento co seu aprendiz, Darth Vader (Hayden Christensen).

O proxecto orixinouse nun principio como un filme escrito por Hossein Amini e dirixido por Stephen Daldry, mais foi reelaborado como unha serie limitada tras o fracaso comercial de Solo: A Star Wars Story (2018). Confirmouse que McGregor protagonizaría en agosto de 2019 e Deborah Chow foi contratada para dirixir un mes despois. A produción estaba programada para comezar en xullo de 2020, mais a serie suspendeuse en xaneiro de 2020 porque Lucasfilm non estaba satisfeito cos guións. Joby Harold foi contratado para reescribir a serie e servir como showrunner en abril de 2020, como produtor executivo con Chow, McGregor, Kathleen Kennedy e Michelle Rejwan. O casting adicional tivo lugar en marzo de 2021, e incluíu no resto do elenco a Joel Edgerton, Bonnie Piesse, Jimmy Smits, James Earl Jones e Christensen retomando os seus papeis na triloxía precuela. A rodaxe comezou en maio de 2021 nos Ánxeles, utilizando a tecnoloxía StageCraft videowall, e rematou en setembro. Natalie Holt compuxo a partitura, mentres que o compositor de filmes de Star Wars John Williams escribiu o "Tema de Obi-Wan", que foi adaptado por William Ross.

Os dous primeiros episodios de Obi-Wan Kenobi estreáronse o 27 de maio de 2022. Os catro episodios seguintes lanzáronse semanalmente ata o 22 de xuño. A serie recibiu críticas xeralmente positivas; os críticos eloxiaron a actuación de McGregor, mais algúns criticaron o guión.

Sinopse Dez anos despois dos eventos de Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005) nos cales os Jedi foron destruídos pola Orde 66]] e o aprendiz de Obi-Wan Kenobi, Anakin Skywalker, se converteu no Sith Lord Darth Vader, Kenobi agóchase no planeta Tatooine, vixiando o fillo de Anakin, Luke. Un día recibe a misión de rescatar a filla de Anakin, Leia, que foi raptada polos inquisidores cazadores de Jedi do Imperio Galáctico. Isto provoca un enfrontamento entre Kenobi e Vader.

Personaxes

Ewan McGregor como Obi-Wan Kenobi Rupert Friend como Grand Inquisitor Sung Kang como Fifth Brother Moses Ingram como Reva Sevander / Third Sister Vivien Lyra Blair como Leia Organa Kumail Nanjiani como Haja Estree Hayden Christensen e James Earl Jones como Anakin Skywalker / Darth Vader Indira Varma como Tala Durith O'Shea Jackson Jr. como Kawlan Roken Benny Safdie como Nari Joel Edgerton como Owen Lars Bonnie Piesse como Beru Whitesun Lars Simone Kessell como Breha Organa Flea como Vect Nokru Jimmy Smits como Bail Organa Marisé Álvarez como Nyche Horn Rya Kihlstedt como Fourth Sister Zach Braff como voz de Freck Maya Erskine como Sully Ian McDiarmid como Emperor Palpatine

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2022