miniatura|Moitas bacterias presentan motilidade por medio dun movemento flaxelar e poden ter máis dun flaxelo. Os diferentes tipos de disposición dos flaxelos bacterianos: A-Monotrico; B-Lofotrico; C-Anfitrico; D-Peritrico.
A motilidade é a capacidade dun organismo de moverse independentemente ou mover algunha das súas partes usando enerxía metabólica. Pode referirse á motilidade dun organismo enteiro, dunha célula (motilidade dos espermatozoides, dunha bacteria etc.) ou de partes dunha célula (motilidade das microvilosidades intestinais).
Definicións
A motilidade é a capacidade dun organimso de moverse independentemente usando enerxía metabólica, e está en contraposición á sesilidade, que é o estado do organismo que non posúe un medio de autolocomoción e que normalmente é inmóbil.
O significado de motilidade e mobilidade é moi similar, pero diferéncianse en que mobilidade é a capacidade dun obxecto de ser movido, mentres que motilidade é a capacidade de moverse el por si mesmo. De todos modos, ás veces utilízanse practicamente como sinónimas. O termo vaxilidade comprende ambos os conceptos de motilidade e mobilidade; os organismos sésiles, como plantas e fungos, a miúdo teñen partes con vaxilidade como froitos, sementes ou esporas dispersables por outros axentes como o vento, auga ou outros organismos.
A motilidade está determinada xeneticamente, pero pode ser afectada por factores ambientais como toxinas. O sistema nervioso e o musculoesquelético dos animais proporciona a maior parte da súa motilidade.
Ademais da locomoción animal, a maioría dos animais teñen motilidade, aínda que algúns teñen vaxilidade, descrita como locomoción pasiva. Moitas bacterias e outros microorganismos e organismos multicelulares son mótiles; algúns mecanismos para o fluxo de fluídos e órganos e tecidos son tamén considerados exemplos de motilidade, como a motilidade intestinal (que fai que se nos movan as tripas) ou en células e tecidos (motilidade das microvilosidades intestinais ou dos cilios de epitelios ciliados). Os animais mariños adoitan chamarse nadadores libres, e os organismos mótiles e non parasitos denomínanse de vida libre.
A motilidade inclúe a capacidade dun organismo de facer que se mova a comida ao longo do seu tracto gastrointestinal. Hai dous tipos de motilidade intestinal: peristalse e contraccións de segmentación.EMedicine 179937 Intestinal Motility Disorders Esta motilidade débese á contracción de fibras de músculos lisos na parede do tracto gastrointestinal que mestura o contido luminal con varias secrecións e móveis desde a boca ao ano.
Nivel celular
miniatura|O citoesqueleto eucariota induce o movemento das células a través de líquidos ou sobre superficies, a división que orixina novas células así como guía o transporte de orgánulos polo interior da célula. Este vídeo captura os citoesqueletos tinguidos dun corte transversal dunha folla de Arabidopsis thaliana. miniatura|O espermatozoide é unha das células con motilidade do corpo humano, neste caso por medio de flaxelos. Outras móvense por movementos ameboides.
Os elementos do citoesqueleto como os microfilamentos de actina do citoplasma e microtúbulos (do eixe de cilios e flaxelos) son responsables da maioría dos tipos de motilidade de toda a célula no seu conxunto ou de partes internas da mesma. A contracción muscular, que move todo o organismo depende tamén de filamentos citoesqueléticos contráctiles. Durante a formación dos tecidos no desenvolvemento embrionario, a curación de feridas e a resposta inmune son necesarios movementos orquestrados das células en determinadas direccións para chegaren a lugares específicos, que se denominan migración celular.
A nivel celular existen diferentes tipos de movemento:
Motilidade flaxelar, é un movemento parecido ao natatorio dun flaxelo, que impulsa a célula. Obsérvase nos espermatozoides, propulsados polo batido regular do seu flaxelo, e noutros gametos, como os anterozoides de musgos e fentos, en protistas e en moitas bacterias, como, por exemplo, E. coli, que nada rotando helicoidalemtne un flaxelo procariota. Motilidade ciliar. O movemento dos cilios que rodean a célula permite aos protozoos ciliados nadar en medios líquidos. Movemento ameboide, é un movemento de arrastre sobre un substrato baseado na emisión e retraemento de pseudópodos, que fai tamén posible a natación en medios líquidos Motilidade de escorregamento. Típico dalgunas bacterias dos grupos das cianobacterias, mixobacterias, Cytophaga, flavobacterias e micoplasmas. Móvense en medios sólidos sen utilizar cilios nin flaxelos. O mecaniso é moi variado, dependendo do tipo de bacteria. Motilidade de enxameamento (swarming). Algunhas bacterias presentan un comportamento consistente en xuntarse formando agregados, para o cal se desprazan cando se produce a percepción do quórum. Poden facelo por medio de flaxelos ou movemento a tiróns. Motilidade a tiróns ou sacudidas (twitching), unha forma de motilidade usada por bacterias para reptar sobre superficies usando uns filamentos con forma de ganchos chamados pili de tipo IV. Por exemplo, en Pseudomonas aeruginosa. Filopodios, permiten o movemento e crecemento do cono de crecemento axonal en neuronas. Non obstante, hai moitas células que non son mótiles, como as das bacterias Klebsiella pneumoniae e Shigella, e outras son inmóbiles en certas circunstancias, como Yersinia enterocolitica cando está a 37 °C.Badger JL, Miller VL. Expression of invasin and motility are coordinately regulated in Yersinia enterocolitica. J Bacteriol. 1998 Feb;180(4):793-800. doi: 10.1128/JB.180.4.793-800.1998. PMID 9473031; PMCID: PMC106956.
Movementos
Os eventos percibidos como movementos poden estar dirixidos: ao longo dun gradiente químico (quimiotaxe) ao longo dun gradiente de temperatura (termotaxe) ao longo dun gradiente de luz (fototaxe) ao longo das liñas dun campo magnético (magnetotaxe) ao longo dun campo eléctrico (galvanotaxe) ao longo da dirección da forza da gravidade (gravitaxe) ao longo dun gradiente de rixidez (durotaxe) ao longo dun gradiente de sitios de adhesión celular (haptotaxe) ao longo doutras células ou biopolímeros.
Notas
Categoría:Fisioloxía Categoría:Movemento celular