Bollebygd é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland. Antes formaba parte do desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Bollebygd.

O municipio forestal de Bollebygd atópase no lado occidental da meseta sur de Suecia (sydsvenska höglandet). A súa proximidade con Borås converteuno nun concello de paso cunha vida empresarial diversificada.

Dende a fundación do concello no ano 1995 viviu un aumento demográfico. En decembro de 2024 vivían en Bollebygd 9 802 persoas.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland