Rafael García-Valiño y Marcén nado en Toledo o 24 de outubro de 1898 e finado en Madrid o 29 de xuño de 1972, foi un militar español activo durante a guerra do Rif, a guerra civil e o franquismo.
Na guerra civil participou nas campañas de Guipúscoa, Biscaia, Teruel, Aragón, Levante, Ebro e Cataluña. Na ditadura ocupou o grao de xeneral e ocupou cargos como Xefe do Estado Maior Central do Exército, Capitán Xeneral da I Rexión Militar ou Alto Comisionado de España en Marrocos.
Traxectoria
Carreira militar García Valiño descendía de militares. Ingresou aos quince anos na Academia de Infantaría, con 18 anos ascendeu a tenente e incorporouse ao Exército de África coa intención de participar nas campañas españolas na zona, convencido de que o final da Primeira guerra mundial permitiría unha expansión e consolidación das colonias. Na Guerra do Rif tivo encontros ocasionais con bérberes e guerrilleiros, foi ferido varias veces e ascendeu a comandante.
Guerra civil
Cando foi dado o golpe de Estado que provocou a guerra civil, veraneaba en Zarauz, localidade que non participou no alzamento militar, de onde fuxiu dirixíndose a territorio controlado por sublevados. Dirixiuse a Hondarribia, percorreu a pé o camiño a Pamplona e uniuse ao xeneral Mola, quen lle encomendou o mando do Terzo de Requetés «Montejurra». un dos seis que participaron na guerra. O 2 de setembro de 1936, asaltou con ese terzo o monte San Marcial, último lugar fortificado clave de Irún.
Na ofensiva contra Bilbao era tenente coronel. Ao comandante da I Brigada de Navarra, participou nas principais accións que provocaron a ruptura do Cinto de Ferro de Bilbao, precipitando a caída da cidade.
O 6 de novembro de 1937 o Terzo integrouse na 1ª División de Navarra como parte da 4ª Agrupación, e ao ascender a coronel, obtivo o mando da División; á fronte dela combateu o resto da guerra, participando activamente na batalla de Teruel e na ofensiva de Aragón, sendo a primeira división sublevada en chegar ao Mediterráneo, cortando a zona inimiga en dúas. Pouco despois foi cara ao sur, participando na ofensiva de Levante para conquistar Valencia, aínda que a dura resistencia republicana detivo as súas tropas e o plan franquista fracasou. No Levante mandou o "Destacamento de Enlace" —1ª e a 84ª división—.
En xullo de 1938 pasou ao Ebro, en cuxa batalla participou mandando o Cuerpo de Ejército del Maestrazgo e ascendeu ao cargo de xeneral de brigada. En colaboración co Cuerpo de Ejército Marroquí de Yagüe, despois de 4 meses de duros combates e importantes baixas, conseguiron expulsar ás tropas republicanas do coronel Modesto ao outro lado do río. En xaneiro de 1939 interveu en Cataluña, desfilando en Barcelona como consecuencia da súa conquista e tras o dominio desta comarca pasou a dirixir o Centro, sorprendendoo co fin da guerra e entrando en Cidade Real o 1 de abril de 1939.
Posguerra Ao remate da guerra contou coa simpatía dos que serviron co xeneral Mola. Ascendeu a xeneral de división e Franco ofreceulle a Comandancia Xeral de Melilla con só 40 anos. Aos 42 anos foi ascendido a Xefe do Estado Maior Central do Exército, sendo un dos xenerais que Franco consideraba capaz de manter a man de ferro necesaria na II guerra mundial.Boletín Oficial del Estado núm. 14, de 14 de xaneiro de 1947 En 1947 foi ascendido a tenente xeneral e confirmado como xefe do Estado Maior Central.Decreto ascenso de Rafael García Valiño a Teniente General, confirmándole en la Jefatura del Estado Mayor del Ejército. Gaceta de Madrid.
Anos 50 e 60 En 1950 foi sucedido polo xeneral Fernando Barrón OrtizDecreto nombramiento Jefe del Estado Mayor del Ejército. Gaceta de Madrid. ocupando despois a Capitanía da VII Rexión Militar.Hemeroteca de ABC. Xornal publicado o 29 de xuño de 1972
A pretendida apertura do réxime ao exterior aconsellou trasladalo a funcións fóra da Península, e en 1951 foi nomeado Alto Comisionado do Protectorado Español de Marrocos, cargo que ocupou até 1956 cando foi nomeado director da Escola Superior do Exército. De 1962 a 1964 foi nomeado para a Capitanía da I Rexión Militar. Despois das resolucións da ONU sobre a descolonización do Sáhara, García Valiño é sorprendentemente favorable ás teses internacionais e é destituído de todas as súas funcións. Sería a súa primeira e única incursión na política do réxime.
Derradeiros anos. Corrupción Cara ao final da súa vida ocupou o cargo de vicepresidente e membro do Consello de Administración do Grupo Sofico, un "Holding" de empresas españolas cuxa quebra en 1974 constituíu un dos grandes escándalos de corrupción do franquismo."El presidente y el consejero delegado de Sofico, en la cárcel", en El País, Madrid (22 de maio de 1976) Valiño morreu en Madrid en xuño de 1972; Como resultado, o escándalo non lle afectou aínda que a súa figura estaba comprometida.
Segundo o historiador Paul Preston, Valiño foi un dos xenerais máis novos e capaces de Franco, do que máis tarde se convertería nun activo crítico.
Vida privada Casou con Dolores Molina González, coa que tivo sete fillos.
Condecoracións Cabaleiro Gran Cruz da Orde de San Lázaro de Xerusalén. Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica. Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Carlos III. Cabaleiro Gran Cruz da Orde de San Hermenegildo. Gran Cruz da Orde de Cisneros ao mérito político, concedida no 20 aniversario do golpe de Estado de xullo de 1936.Hemeroteca de ABC, xornal publicado o 18 de xullo de 1956 (en castelán) Medalla Militar Individual.Hemeroteca de ABC, xornal publicado o 31 de xaneiro de 1964 Gran Cordón da Real Orde Alauita. Medalla de Ouro do Concello de Ceuta.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alía Miranda, Francisco; del Valle Calzado, Ángel Ramón; Morales Encinas, Olga M. (2008). La guerra civil en Castilla-La Mancha, 70 años después. Cuenca: Publi. Universidade de Castela-A Mancha. Bardavío, Joaquín; Sinova, Justino (2000). Todo Franco. Franquismo y antifranquismo de la A a la Z. Barcelona: Plaza & Janés. Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 84-226-0874-X. VV.AA. (1990). Historia general de España y América XVII. La segunda república y la guerra civil. Madrid: Ediciones Rialp.
Ligazóns externas Glosa de García Valiño nunha web carlista.
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Toledo Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Militares Categoría:Franquismo