A lipoamida é unha amida drivada do ácido lipoico. É unha amida monocarboxílica e un ditiolano. Orixínase pola condensación formal do grupo carboxilo do ácido lipoico con amoníaco. É un metabolito que se encontra en bacterias, lévedos e animais, entre eles os humanos.PubChem lipoamide O grupo carboxilo únese a unha lisina dunha proteína por medio dun enlace amida. A lipoamida é un coencima que transfire acetilos e hidróxenos no proceso de desacilación oxidación do piruvato, usado en farmacoloxia.MCE Lipoamide É un cofactor esencial para encimas do ciclo do ácido cítrico, do catabolismo da glicina e de aminoácidos de cadea ramificada.Cayman Chemicals lipoamide É ilustrativa do papel bioquímico da lipoamida a conversión do piruvato en acetil lipoamida.
|center|450px
Pode xerarse a partir da dihidrolipoamida por medio do encima dihidrolipoamida deshidroxenase (EC:1.8.1.4) e despois convertida en S-glutaril-dihidrolipoamida polo encima oxoglutarato deshidroxenase (EC:1.2.4.2).HMDB TMIC Lipoamide
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ácido lipoico Dihidrolipoamida
Categoría:Compostos organosulfurados Categoría:Carboxamidas