Styca de Aethelred II (854-862)240x240pxAEDILRED RX arredor dunha cruz central. Grafila granulada. +ALGHERE arredor de cruz central. Grafila granulada.Styca. Reino de Northumbria. Aethelred II. AE.

A styca é unha pequena moeda cuñada desde a fin do século VIII ata mediados do século IX no reino de Northumbria, nas illas Británicas.

Historia A cuñaxe das stycas comezou baixo o reinado de Aethelred I (790-796), en substución das sceatta, que deixaron de producirse neste período.Cook, B. J.; Williams, G., Archibald, M. (2006). Páxina 213. A emisión das styca deuse unicamente en Northumbria,"Styca." En Frey, A. R. (1916). Páxinas 230-231. xa que o resto dos reinos anglosaxóns non emitían máis ca peniques de prata baseados nos diñeiros dos francos."Davies, G. (2010)". Páxina 125.Skingley, Philip, ed. (2014). Páxina 101. miniatura|112x112px|Anverso dunha styca de Raedwulf, rei de Northumbria. As stycas comezaron a producirse cunha base de prata, mais na metade da década de 830 comezaron a cuñarse en billón, cunha porcentaxe de prata cada vez inferior, ata que cara a 837 a prata deixou de estar presente na aliaxe destas moedas, situación que se mantivo ata que deixaron de cuñarse, arredor de 855. A gran cantidade de exemplares atopados de cobre suxire que a produción foi intensa e ininterrompida durante este período, e quizais explique tamén por que terminou durante o reinado de Osberht, xa que baixo este reinado moitas das pezas eran falsificacións. As stycas permaneceron en circulación ata a conquista viquinga de Northumbria en 867.Cook, B. J.; Williams, G., Archibald, M. (2006). Páxina 214."Styca". En Münzen Lexikon (Reppa.de)

A orixe do nome styca atribúese unha palabra saxoa (stycce) que significaba "parte pequena" ou "anaco"."Stycas ". En Martinori, E. (1915). Páxina 498.

Tipoloxía miniatura|112x112px|Styca de cobre a nome do rei Osberht. Agás algunhas excepcións, as stycas comparten un estilo común moi ben definido. Nunha das súas faces amósase o nome do rei ou do arcebispo, arredor dun motivo central, e na outra face aparece o nome do moedeiro ou cuñador. Os motivos centrais adoitan ser sinxelos, como unha cruz ou un círculo, por exemplo.Skingley, Philip, ed. (2014). Páxinas 103-105.Pirie, E. J. E. (1996). Coins of the Kingdom of Northumbria c.700-867 in the Yorkshire collections. Galata, Llanfyllin, Powys. ISBN 0-9516671-4-9

Ocasionalmente, algunhas cecas utilizaron motivos máis complexeos: as moedas cuñadas a nome de Aethelred II distínguense pola complexidade das súas cruces. Nunha das súas moedas amósase mesmo a figura dun can e unha triquetra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cook, B. J.; Williams, G.; Archibald, M. (2006). Coinage And History in the North Sea World, C. AD 500-1250 : Essays in Honour of Marion Archibald. Brill, Leiden. ISBN 90-04-14777-2 Davies, G. (2010). History of Money. University of Wales Press. ISBN 978-0-7083-2379-3

Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.Pirie, E. (2000). Thrymsas, Sceattas and Stycas of Northumbria: an Inventory of Finds recorded to 1997. Galata Print, Llanfyllin. ISBN 9780951667163 Skingley, P. ed. (2014). Coins of England & the United Kingdom. Standard Catalogue of British Coins 2015. ISBN 978-1-907427-43-5

Outros artigos

Moeda da Inglaterra anglosaxoa Sceat Thrymsa

Categoría:Moedas anglosaxoas Categoría:Moedas fóra de curso