Thomas Nagel, nado o 4 de xullo de 1937 en Belgrado, daquela Reino de Iugoslavia, é un docente e filósofo estadounidense.

Traxectoria Nagel é profesor de Filosofía e Dereito na Universidade de Nova York. Os seus traballos céntranse na filosofía da mente, a filosofía política e a ética. É coñecido pola súa crítica aos estudos reducionistas sobre a mente no seu " What Is It Like to Be a Bat? " ("Como é ser un morcego?"), NAGEL, T. - "Como é ser um morcego?" (en portugués) de 1974, e pola súa contribución á teoría político - moral e deontolóxica liberal (no senso norteamericano do termo) en "A posibilidade do altruismo", de 1970.

Tamén é autor de "Unha breve introdución á filosofía", un traballo de divulgación que aborda temas da filosofía nunha linguaxe accesible, propondo unha reflexión individual sobre cuestións como saber o que está ben e o que está mal.

Principais obras publicadas

The Possibility of Altruism (1970), Oxford University Press. (Reimpreso en 1978 en Princeton University Press) Mortal Questions (1979), Cambridge University Press. The View from Nowhere (1986), Oxford University Press. What Does It All Mean?: A Very Short Introduction to Philosophy (1987), Oxford University Press. Equality and Partiality (1991), Oxford University Press. Other Minds: Critical Essays, 1969-1994 (1995), Oxford University Press. The Last Word (1997), Oxford University Press. The Myth of Ownership: Taxes and Justice (2002), (con Liam Murphy) Oxford University Press. Concealment and Exposure and Other Essays (2002), Oxford University Press. Secular philosophy and the religious temperament: essays 2002–2008 (2010), Oxford University Press. Mind and Cosmos: why the materialist neo-Darwinian conception of nature is almost certainly false (2012), Oxford University Press.

Traducións Algúns textos de Thomas Nagel foron parcialmente traducidos ao galego como material didáctico no grao de Filosofía da USC.

En portugués

Uma breve introdução à Filosofia. Martins Fontes, 2001. Que quer dizer tudo isto? Gradiva, 1995. A última palavra. UNESP, 1998; Gradiva, 1999. Visão a partir de lugar nenhum. Martins Fontes, 2004. O Mito da Propriedade (2005)

En castelán

La posibilidad del altruismo, México, Fondo de Cultura Económica, 2004 Una visión de ningún lugar, México, Fondo de Cultura Económica, 1996 Qué significa todo esto?, México, Fondo de Cultura Económica, 1996 Igualdad y parcialidad, Barcelona, Ediciones Paidos Ibérica, 1996

Notas

Véxase tamén

Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937