Williot Theo Swedberg, nado en Estocolmo o 1 de febreiro de 2004, é un futbolista sueco que xoga como mediocentro no Celta de Vigo da Primeira División de España.
Traxectoria Hammarby IF Tras varias cesións en equipos da terceira categoría sueca, debutou no Hammarby IF o 11 de xullo de 2021, nunha vitoria por 5-1 fronte o Degerfors IF. Entrou no minuto 79 e anotou un gol dous minutos despois.
O 23 de febreiro de 2022, Williot estivo a piques de fichar polo Lokomotiv de Moscova. Porén, a fichaxe foi truncada pola invasión rusa en Ucraína, que provocou a cancelación do fútbol no país.
Celta de Vigo O 17 de xuño de 2022 fíxose oficial a súa incorporación ao Celta de Vigo, por 4,7 millóns de € e cun contrato até 2027.
Selección Swedberg anotou no seu debut coa Selección de fútbol sub-17 de Suecia nunha vitoria por 3-1 fronte a Noruega o 17 de setembro de 2019.
Estatísticas 20x20px Actualizado co último partido disputado o .
ClubPaísAnoPartidosGolesHammarby IF2020-2022408IK Frej (cedido)2020160Hammarby TFF (cedido)2021111Celta de Vigo2022-act.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hammarby IF Michael Krohn-Dehli Joseph Aidoo
Ligazóns externas Entrevista a Williot Swedberg en Celta Media, a canle de YouTube do RC Celta.
Categoría:Nados en 2004
Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Futbolistas de Suecia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo