Cova (até 2026, A Cova) é un lugar da parroquia da Pontenova no concello lugués da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres).
Toponimia Nome de sentido xeográfico moi evidente, alusivo a unha cova, sexa natural ou realizada con intervención humana. O apelativo cova procede da forma CǑVA, en latín clásico CAVA.
En ocasións, a Cova toponímica tamén pode agochar unha depresión ou unha vagoada do terreo. O lugar de Cova da parroquia da Pontenova está preto de Foxas, onde houbo unha mina romana.
Lugares e parroquias
Lugares da Pontenova
Parroquias da Pontenova
Notas
Categoría:Lugares da Pontenova Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía