Herbert James Draper, nado Londres en 1863 e finado en 1920, foi un pintor inglés da época vitoriana.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Fillo dun xoieiro, estudou arte na Real Academia de Londres e realizou varias viaxes educativas a Roma e París entre 1888 e 1892. En 1890 mesmo traballou como ilustrador.

Madurez En 1891 casou con Ida (de solteira Williams) coa que tivo unha filla, Yvonne. En 1894 comezou o seu período máis produtivo, centrándose principalmente en temas mitolóxicos da antiga Grecia.

Pasamento Morreu de arteriosclerose en 1920.

Recoñecemento O seu Lamento por Ícaro de 1898 gañou a medalla de ouro na Exposición Universal de 1900 en París.

En vida foi moi coñecido e os seus retratos apreciados, pero nos seus últimos anos a súa fama esmoreceu. Só a principios do século XXI rexurdiu o interese pola súa obra no mercado da arte.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Lista de obras de Drapper en reprodart

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1863 Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Finados en 1920