Dominic Anthony "Tony" Antonelli, nado en Detroit (Míchigan) o 23 de agosto de 1967, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-132 e STS-119.

Traxectoria Antonelli graduouse en astronáutica e aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e é máster nas materias pola Universidade de Washington.

Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en 2000, participando nas misións STS-119 e STS-132 e pasando un total de 24,58 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-132 STS-119

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Detroit