Un tabán social ou moscardo social é unha persoa que interfire co statu quo dunha sociedade ou comunidade suscitando preguntas novidosas e potencialmente molestas, xeralmente dirixidas ás autoridades. O termo está orixinalmente asociado co filósofo grego Sócrates, na súa defensa cando foi xulgado pola súa vida.

Historia

Sócrates O termo "tabán" ou "moscardo" (en grego: μύωψ,Véxase (en inglés) mýops Véxase (en inglés)) foi usado por Platón na Apoloxía para describir a Sócrates actuando como un aguillón incómodo para a escena política ateniense, como un esporón ou unha mosca que pica espertando un cabalo lento.

Durante a súa defensa cando foi xulgado pola súa vida, Sócrates, segundo os escritos de Platón, sinalou que a disidencia, como o moscardo, era fácil de esmagar, pero o custo para a sociedade de silenciar ás persoas que eran irritantes podería ser moi elevado: "Se matan un home coma min, faranse máis dano a vostedes mesmos do que a min” De aí provén o alcume de Sócrates como "moscardo de Atenas".

Idade moderna e contemporánea William Shakespeare usa a metáfora do moscardo (en inglés "gadfly") en The tragedy of Antony and Cleopatra, Hamlet e O rei Lear.

A finais do século XIX, en 1897, Ethel Voynich publicou a novela The Gadfly sobre as loitas do axente revolucionario A. Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo considerada ideoloxicamente útil. En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich, quen tamén compuxo temas sobre as obras de Shakespeare, escribiu a banda sonora.

Na política moderna, un tabán ou moscardo é alguén que desafía persistentemente ás persoas en posicións de poder, o statu quo ou unha posición popular. Por exemplo, Morris Kline escribiu:"Hai unha función para o moscardo que suscita preguntas que moitos especialistas quererían ignorar. A polémica é saudable." Why the Professor Can't Teach (1977), páx. 238

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Trol (Internet) Disidencia Tabán (bioloxía)

Categoría:Historia da filosofía Categoría:Terminoloxía Categoría:Grecia antiga