Pediococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico grampositivas situado na familia Lactobacillaceae. Xeralmente aparece agrupada en pares ou tétrades e divídese ao longo de dous planos de simetría, igual que fan os outros xéneros de cocos do ácido láctico Aerococcus e Tetragenococcus. Son totalmente homofermentativas. A especie Pediococcus dextrinicus foi asignada recentemente ao xénero Lapidilactobacillus.
Procesamento de alimentos
Pediococcus é, xunto con outras bacterias do ácido láctico como Leuconostoc e Lactobacillus, responsable da fermentación de repolos para facer sauerkraut. Neste proceso, os azucres do repolo fresco son fermentados a ácido láctico, o cal lle dá ao sauerkraut un sabor ácido e boas cualidades de conservación. As bacterias Pediococcus considéranse xeralmente contaminantes da cervexa e o viño, aínda que a súa presenza é ás veces desexada en tipos de cervexa como o lambic e a Berliner Weisse. Certos illamentos de Pediococcus producen diacetilo, que lle dá un aroma a manteiga ou butterscotch a algúns viños (como o Chardonnay) e a algúns tipos de cervexa. Especies de Pediococcus utilízanse a miúfo en inoculantes de ensilado (herba fermentada). Os pediococos úsanse como probióticos e engádense con frecuencia como microbios beneficiosos na creación de salchichas, queixos e iogures.
Especies O xénero Pediococcus comprende as seguintes especies: Pediococcus acidilactici Lindner 1887 (Listas Aprobadas 1980) Pediococcus argentinicus De Bruyne et al. 2008 Pediococcus cellicola Zhang et al. 2005 Pediococcus claussenii Dobson et al. 2002 Pediococcus damnosus Claussen 1903 (Listas Aprobadas 1980) Pediococcus ethanolidurans Liu et al. 2006 Pediococcus inopinatus Back 1988 Pediococcus parvulus Günther e White 1961 (Listas Aprobadas 1980) Pediococcus pentosaceus Mees 1934 (Listas Aprobadas 1980) "Pediococcus perniciosus" Claussen 1903 Pediococcus siamensis Tanasupawat et al. 2007 Pediococcus stilesii Franz et al. 2006
Reclasificacións: Pediococcus dextrinicus foi reclasificada como Lapidilactobacillus dextrinicus. Pediococcus halophilus foi reclasificada como Tetragenococcus halophilus. Pediococcus lolii foi reclasificada como Pediococcus acidilactici. Pediococcus urinaeequi foi reclasificada como Aerococcus urinaeequi.
Filoxenia A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN e a filoxenia está baseada en secuencias de xenoma completo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Pediococcus en Milk the Funk Wiki Pediococcus en BacDive - the Bacterial Diversity Metadatabase
Categoría:Lactobacillales