Benito Búa Rivas, nado en Caldas de Reis o 6 de xaneiro de 1917 e finado en Puebla de Zaragoza (México) en 1974, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Búa Carou e Elisa Rivas Mourente, e irmán do tamén médico Antonio Búa Rivas. Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estaba afiliado á Agrupación Socialista de Santiago de Compostela.

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 residía en Pontevedra traballando como pasante de Medicina nunha clínica. Ofreceuse co seu irmán Antonio para prestar servizo nos hospitais de sangue do exército.El Diario de Pontevedra, 3-10-1936, p. 3. Logrou evadirse e pasar á zona leal na fronte de Brunete o 2 de agosto de 1937 con Ramón Figueroa Vilachá e Gerardo Paseiro Carril. Foi auxiliar facultativo do corpo de Sanidade. Prestou servizo na 218 Brigada Mixta e no equipo cirúrxico do X Corpo de exército coa graduación de tenente. Estivo nas frontes de Teruel, Segre e Pireneos resultando ferido en combate. Publicou un artigo na revista Choque, órgano da 34 División.Ficha de Benito Bua Rivas no Centro Documental de la Memoria Histórica Foi secretario de asistencia social de Solidaridade Galega Antifeixista.

Coa derrota da República pasou a Francia cruzando a fronteira por Tarascón o 7 de febreiro de 1939. Estivo internado nos campos de concentración de Argelès-sur-Mere e Barcarès. Exiliouse en México,Visados otorgados a refugiados españoles para su emigracion a Mexico embarcando no buque Ipanema no porto de Pauillac (Gironde) o 12 de xuño de 1939 e chegou a Veracruz o 7 xullo. En México colaborou na revista Saudade utilizando o pseudónimo B. Lérez. Completou os seus estudos de Medicina e titulouse como médico na UAM en 1956.Benito Búa Rivas Foi membro do Comité das Mocidades Socialistas en México. Residiu en Puebla de Zaragoza ata a súa morte en 1974.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema Ligazóns externas Ficha de Benito Bua Rivas no Centro Documental de la Memoria Histórica

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1919

Categoría:Finados en 1975