O Parque Nacional e Reserva Gates of the Arctic é un parque nacional estadounidense que protexe porcións da cordilleira de Brooks, no norte de Alasca. O parque é o máis setentrional dos parques nacionais dos Estados Unidos, situándose enteiramente ao norte do círculo polar ártico. O parque é o segundo máis grande nos Estados Unidos, con 34,287 km², lixeiramente máis grande en área ca Bélxica.

Gates of the Arctic foi designado nun principio como monumento nacional o 1 de decembro de 1978, antes de ser designado de novo como reserva nacional trala aprobación da Lei de Conservación de Terras de Interese Nacional de Alasca en 1980. Unha gran parte do parque ten protección adicional como "Gates of the Arctic Wilderness" que abrangue 2 900 460 hectáreas. A zona salvaxe linda coa Reserva Nacional de Noatak. Xuntas, forman a maior zona salvaxe contigua dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Marshall, Robert (1956), Alaska Wilderness, George Marshall ed., (2005 reprint), University of California Press Marshall, Robert (1933), Arctic Village. H. Smith and R. Haas, Nova York.

Categoría:Parques nacionais dos Estados Unidos de América Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1980