Tyrese Haliburton, nado o 29 de febreiro de 2000 en Oshkosh, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Haliburton foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Sacramento Kings. O 27 de novembro de 2020, Haliburton asinou cos Kings. O 23 de decembro de 2020, Haliburton debutou na NBA na vitoria dos Kings por 124–122 contra os Denver Nuggets, facendo 12 puntos e 4 asistencias.

O 8 de febreiro de 2022, Haliburton foi traspasado xunto a Buddy Hield e Tristan Thompson ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto