miniatura|250px|Un grupo fenilo é o grupo arilo máis simple, aquí enlazado a un grupo "R".
En química orgánica, un grupo aril ou arilo é un grupo funcional ou substituínte derivado dun anel aromático, xeralmente un hidrocarburo aromático, como un fenilo ou naftilo. "Aril" utilízase como abreviación ou xeneralización, e "Ar" úsase como símbolo do grupo en diagramas de estrutura química, polo que non se debe confundir co elemento argon.
Un grupo arilo simple é o fenilo (), un grupo derivado do benceno. Exemplos doutros grupos arilo son: O grupo tolilo (), que deriva do tolueno (metilbenceno). O grupo xililo (), que deriva do xileno (dimetilbenceno). O grupo naftilo (), que deriva do naftaleno.
A arilación é o proceso no cal se une un grupo arilo a un substituínte. Conséguese normalmente por medio de reaccións de acoplamento cruzado.
Nomenclatura 100px|miniatura|Fenol (ou hidroxibenceno) O grupo arilo máis básico é o fenilo, que está constituído por un anel de benceno cun átomo de hidróxeno substituído por algún substituínte e ten a fórmula molecular C6H5−. Nótese que un grupo fenilo non é o mesmo que un grupo bencilo, este último consistente nun grupo fenilo unido a un grupo metilo e con fórmula molecular de C6H5CH2−.
Para nomear os compostos que conteñen grupos fenilo, o grupo fenilo pode tomarse como o hidrocarburo parental e representarse polo sufixo "-benceno". Alternativamente, o grupo fenilo pode tratarse como un substituínte, sendo descrito dentro do nome como "fenil". Isto faise xeralmente cando o grupo unido ao fenilo consta de seis ou máis átomos de carbono.
Como exemplo, consideremos un grupo hidroxilo conectado a un grupo fenilo. Neste caso, se o grupo fenilo se toma como hidrocarburo parental o composto se denominará hidroxibenceno. Alternativamente, e máis comunmente, o grupo hidroxilo tómase como grupo parental e o grupo fenilo como substituínte, dando como resultado o nome máis familiar de fenol.
Reaccións
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Alquilo Areno
Categoría:Grupos funcionais