miniatura| Nai falando co seu fillo, pertencen á mesma comunidade lingüística Unha comunidade lingüística é, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos da UNESCO, unha “sociedade humana que, historicamente asentada nun determinado espazo territorial, recoñecido ou non, se identifica como pobo e desenvolveu unha lingua común como medio de comunicación natural e cohesión cultural entre os seus membros”. Esta definición tómase do artigo 1.1 do Título Preliminar, onde se especifican os conceptos empregados ao longo da citada Declaración.
Vitalidade da comunidade lingüística Un dos indicadores fundamentais á hora de valorar a vitalidade dunha lingua é se se transmite dos pais (Ver tamén: Lingua materna) a fillos e fillas. Este indicador adoita chamarse índice ou taxa de transmisión da lingua familiar. Enténdese por lingua de transmisión familiar a lingua que o neno aprende de xeito informal no fogar, sen a influencia do colexio ou das institucións. Se unha lingua se transmite familiarmente, a supervivencia está garantida, mentres que corre risco cando os pais deixan de falala aos seus fillos. O feito de que unha lingua se transmita familiarmente é o que garante unha nova xeración de falantes que a teñan como lingua inicial. A morte dunha lingua é, xa que logo, un fenómeno que implica a tres xeracións: a que deixa de falarse aos nenos, aos nenos que xa non a aprenden na casa e que, polo tanto, xa non lla transmiten aos seus descendentes, os nenos que xa non a aprenden na casa, e estes últimos, que xa non a terán vivido no medio ou o terán como propia.
Notas
Véxase tamén
Lusofonía PALOP Lingua minoritaria Lingua minorizada Mantemento da lingua Normalización (sociolingüística) Normalización lingüística
Categoría:Sociolingüística