miniatura|Asociación reversible de P-TEFb co complexo 7SK snRNP. P-TEFb é liberado do complexo 7SK snRNP por Brd4 ou HIV Tat. HEXIM é exectado e as dúas proteínas son substituídas por hnRNPs. O inverso deste proceso require outros factores descoñecidos.

En bioloxía molecular o ARN 7SK (ou 7SK RNA ou, simplemente, 7SK) é un ARN nuclear pequeno abundante que se encontra en metazoos. Desempeña un papel na regulación da transcrición ao controlar o factor de elongación da transcrición positivo P-TEFb. O ARN 7SK encóntrase formando parte dun complexo ribonucleoproteico nuclear pequeno chamado 7SK snRNP, xunto con varias proteínas que regulan a estabilidade e funcionamento do complexo.

Estrutura

Un estudo inicial indicou que o ARN 7SK está asociado nas células con varias proteínas e o exame da súa |estrutura secundaria suxeriu un modelo para o emparellamento de bases entre diferentes rexións deste ARN. Un gran logro para saber a función do complexo ribonucleoproteico 7SK snRNP produciuse co descubrimento de que o factor de elongación da transcrición positivo P-TEFb era un compoñente do complexo. O ARN 7SK asóciase con e inhibe a actividade quinase dependente de ciclina de P-TEFb por medio da acción das proteínas que se unen ao ARN HEXIM1 ou HEXIM2. O fosfato gamma situado no extremo 5' do ARN 7SK é metilado polo encima MEPCE, que é un compoñennte constitutivo do complexo da 7SK snRNP. A proteína LARP7 tamén está asociada con 7SK, posiblemente en parte pola súa interacción co extremo 3' do ARN. A redución de MEPCE ou de LARP7 feita por knockdown mediado por ARN interferentes pequenos leva á desestabilización do 7SK in vivo. Un subconxunto de complexos 7SK snRNPs carece de P-TEFb e HEXIM, pero contén no seu lugar hnRNPs.

Función

A principal función do complexo 7SK snRNP é o control de P-TEFb, un factor que regula a fase de elongación da transcrición. A actividade quinase de P-TEFb é inhibida cando o factor está no complexo 7SK snRNP. O P-TEFb pode ser liberado do complexo 7SK snRNP polo transactivador HIV Tat ou ben pola proteína que contén bromodominio BRD4. Esta liberación orixina un cambio conformacional no ARN 7SK e a exección de HEXIM. As hnRNPs estabilizan o complexo que carece de P-TEFb e HEXIM. Despois de que o P-TEFb funciona sobre xenes específicos é resecuestrado na 7SK snRNP por un mecanismo descoñecido. O complexo 7SK snRNP foi caracterizado en humanos e Drosophila. Velaquí unha revisión detallada:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas