Matías Estévez Martínez, coñecido como Rato, nado en Parderrubias (Salceda de Caselas) cara a 1911, foi un político galego. Traxectoria Fillo de Manuel Estévez Fernández e Dolores Martínez, irmán de Francisco Estévez Martínez e tío de Martin Sheen. Marchou á Arxentina en 1929. Retornou a Salceda de Caselas na República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na oposición ao golpe en Salceda. Detido, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 24 de setembro de 1936 e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Penal do Forte de San Cristovo de Pamplona o 5 de febreiro de 1937. Saíu o 2 de setembro de 1940 en prisión atenuada. Emigrou á Arxentina.

Vida persoal Foi pai de Angelita e Lola Estévez.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1911