Claudio Eliano (en latín Claudius Ælianus, en grego antigo Κλαύδιος Αἰλιανός) foi un escritor e compilador romano nado en Praeneste en 175 e finado arredor do 235«Aelianus» in: Bibliotheca Augusta, Universidade de Augsburg. Escribiu en grego. Traxectoria Estudou retórica co sofista PausaniasAlbrecht Dihle, Die griechische und lateinische Literatur der Kaiserzeit. , Editorial C.H.Beck, 1989, páxina 245, (en galego: A literatura grega e latina no tempo dos emperadores) e foi un admirador de Herodes Ático. Morreu solteiro sen descendencia. Obras As obras de Eliano, escritas en grego antigo, son recompilacións doutras obras da literatura ática clásica. Consérvanse tres escritos. "Historia Varia" (Ποικίλη ἱστορία - Historia Varia ): 14 libros con miscelánea anecdótica sobre a natureza e sobre homes e pobos notábeis. O manuscrito máis antigo data do século X e está no Codex Ambrosianus. "Sobre a natureza dos animais" (Περὶ ζῴων ἰδιότητος - De natura animalium ): 17 libros, dos que só quedan fragmentos, unha recompilación de historias e lendas sobre animais. O manuscrito máis antigo data do século X (Codex Parisinus). "Cartas Rústicas" (Ἐπιστολαὶ ἀγροικικαί - Epistulae rusticae ), unha colección de 20 cartas de temática predominantemente erótica, cuxa autenticidade é dubidosa, tamén no Codex Ambrosianus.
Outras obras coñécense só polo seu título ou algúns escasos fragmentos: Sobre a arte adivinatoria (Περὶ προνοίας), sobre a actividade directiva dos deuses (Περὶ θείων ἐναργειῶν) e unha acusación contra un home efeminado que podería pensarse que era contra o emperador Heliogábalo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aeliani Varia historia , Halle, en Libraria Orphanotrophei, 1826, 250 páxinas De natura animalium cunha introdución de Friedrich Christian Wilhelm Jacobs e Johann Gottlob Schneider, Jena, Frommann Publishing, 1832, 719 páxinas
Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:nados na provincia de Roma Categoría:nados en 175 Categoría:finados no século III