Dólar de prataAmerican Silver Eagle170x170pxAnverso comúnLibredade camiñando co Sol ao fondo. LIBERTY / IN GOD WE TRUST. Data no exergo.170x170px170x170px1º reverso "1 Dollar "American Silver Eagle" Bullion Coin". Numista.comAguia heráldica (1986-2021)

UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUNM / 1 OZ. FINE SILVER/ ONE DOLLAR2º reverso "1 Dollar "American Silver Eagle" New Reverse Bullion Coin". Numista.comAguia pousada nunha póla (desde 2021)

UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUNM / 1 OZ. FINE SILVER / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: A. Weinman (A/); J. Mercanti (1º R/); E. Damstra e M. Gaudioso (2º R/) Data de emisión: anualmente desde 1986. Cecas: US Mint:cecas de Filadelfia, S. Francisco e West Point. Tiraxe: 531.276.294 exemplares (ata 2021). Aliaxe: 99 % ouro e 1 % cobre. Diámetro: 40,6 mm. Grosor: 2,98 mm. Peso: 31,103 g. Canto: estriado.

O dólar de prata American Silver Eagle é a moeda de prata de investimento oficial dos Estados Unidos.

Foi emitida por primeira vez pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en novembro de 1986, co valor facial dun dólar, un peso dunha onza troy e unha pureza do 99,9 % de prata. Esta moeda dun dólar de prata foi autorizada polo título II da Lei 99-61, aprobada o 9 de xullo de 1985.

Ademais da moeda de investimento, a US Mint levou a cabo unha emisión para coleccionistas en acabamento estándar e outra con acabamento especial proof (fondo espello).

O dólar de prata American Silver Eagle foi cuñado en tres das filiais da Casa da Moeda dos Estados Unidos: a Ceca de Filadelfia, a Ceca de San Francisco e a Ceca de West Point.

Esta moeda pódese utilizar legalmente para financiar investimentos de contas de xubilación individuais.Publication 590-A: Contributions to Individual Retirement Arrangements (IRAs). United States Department of the Treasury, Internal Revenue Service. 13 de xaneriro de 2015. Páxina 34.

Deseño

Anverso miniatura|260x260px|Un dólar American Silver Eagle de 2019 ao pé de medio dólar de 1943,"½ Dollar "Walking Liberty Half Dollar"". Numista.com co que comparte o deseño do anverso.

O deseño do anverso deste dólar tomouse do preexistente utilizado para a moeda de medio dólar do tipo coñecido como "Liberdade camiñando", cuñado entre 1916 e 1947, obra de Adolph A. Weinman. Neste anverso figuran tamén a data de cuñaxe e os lemas LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), tradicionais da moeda estadounidense."American Silver Eagle Coins". SilverEagleGuide.com

Reversos O reverso dos dólares da serie American Silver Eagle emitidos entre 1986 e 2021 foron deseñados e gravados por John Mercanti, e están caracterizados pola representación dunha aguia heráldica detrás dun escudo. A aguia sostén unha póla de oliveira na súa gadoupa dereita e un feixe de frechas na esquerda, o que lle dá unha semellanza ao Gran Selo dos Estados Unidos. Sobre a aguia hai trece estrelas de cinco puntas que representan as Trece Colonias. Tamén se amosan neste reverso a marca de ceca e as lendas UNITED STATES OF AMERICA, na parte superior, e 1 OZ. FINE SILVER~ONE DOLLAR, na parte inferior, así como E PLURIBUS UNUM, esta última no estandarte que a aguia sostén co peteiro."United States Mint Offers New 'Legacies of Freedom' Set". United States Mint. 20 de xaneiro de 2004.

O novo deseño do dólar American Silver Eagle introducido en 2021 é obra de Emily Damstra e nel a aguia xa non é heráldica, senón que ten trazos realistas e aparece pousándose na póla dunha árbore, con certa semellanza coa do reverso do dólar Eisenhower, emitido a partir de 1971. Completan o reverso as lendas UNITED STATES OF AMERICA e 1 OZ. FINE SILVER~ONE DOLLAR, e neste caso o lema E PLURIBUS UNUM amósase explícito no campo da moeda, á dereita da aguia.

Percorrido lexislativo

Antecedentes: venda de prata das reservas nacionais de defensa A idea do programa de comercialización da serie American Silver Eagle procede, en última instancia, dos plans do Goberno dos Estados Unidos levados a cabo na década de 1970 e no inicio da de 1980 para vender a prata das Reservas Nacionais de Defensa. Tal e como explicaba o The Wall Street Journal:"Government to Sell 75% of Its Silver Stockpile". En Wall Street Journal. 24 de xullo de 1981."Congress Asked to Clear Sales from Stockpile: Carter Administration Seeks Authority to Sell Silver, Tin, Other Commodities". En Wall Street Journal. 6 de marzo de 1978.

Nese período, as vendas que chegaron a producirse e os anuncios das vendas previstas provocaron un descenso inmediato do prezo da prata."Nixon Plan to Sell Stockpiled Commodities Could Be Slowed by Market, Legal Snags". En Wall Street Journal. 16 de marzo de 1973. The Wall Street Journal informou disto en setembro de 1976 nestes termos: "Cando o Goberno dos Estados Unidos fai ruído sobre a venda de prata das reservas federais, os operadores de futuros comezan a descargar os seus contratos de futuros na especulación de que tal venda faga baixar os prezos".Jackewicz, S. A. (1976). "Possible Silver Stockpile Sale Seen as Bullish for Market in Long Run". En Wall Street Journal. 10 de setemrbo de 10.

Malia a oposición do Congreso á venda da prata almacenada ata principios de xuño de 1981,"House Committee Rejects Sales of Silver from Government's Strategic Stockpile". En Wall Street Journal. 12 de setembro de 1979."House Refuses to Sell Any Silver in U.S. Stockpile: Compromise That Called for Sale of 5 Million Ounces Loses by Lopsided Margin". En Wall Street Journal. 13 de decemrbo de 1979."House Panel Rejects Reagan Bid to Sell All of Silver in Stockpile". En Wall Street Journal. 5 de xuño de 1981. o Comité das Forzas Armadas da Cámara de Representantes decidiu o 10 de xuño aprobar a solicitude da Administración Reagan de vender a prata propiedade do Goberno a partir do ano fiscal 1982, para axudar a equilibrar os orzamentos federais."Big U.S. Silver Sale Is Likely as Congress Reconciles Budget". En Wall Street Journal. 15 de xuño de 1981. En xullo de 1981, a Cámara de Representantes e o Senado acordaron permitir a venda do 75 % das existencias de prata (105,1 millóns de onzas troy) durante un período de tres anos, e en setembro o prezo da prata caeu, en consecuencia, un 11 %.Lowenstein, R. (1981). "U.S. Plan to Sell Silver from Its Stockpile Depresses Metal's Price 11%; Gold Drops". En Wall Street Journal. 18 de setembro.

Xusto antes da primeira venda en outubro de 1981, un grupo de políticos de Idaho —un Estado gran produtor de prata— intentou bloquear a poxa alegando que a venda podería ter un "efecto desastroso" na industria mineira da prata dos Estados Unidos en xeral e en varias empresas mineiras de Idaho en particular."Idaho Officials Protest GSA's Plans for Sale of Stockpiled Silver". En Wall Street Journal. 14 de outubro de 1981. O 3 de decembro de 1981, o senador republicano por Idaho James A. McClure propuxo unha emenda ao proxecto de lei de asignacións do Ministerio de Defensa, para lle pór fin á venda de prata por parte do Goberno "ata que o presidente, a máis tardar o 1 de xullo de 1982, volva determinar que a prata autorizada para a súa disposición é excesiva para as necesidades das reservas". O proxecto de lei de asignacións converteuse en lei (Lei pública 97-114) coa emenda intacta, co que se detivo en efecto a venda de prata almacenada.Twight, C. (1989). "The Political Economy of the National Defense Stockpile". En Policy Studies Review. 8 (4): 778.

Lexislación monetaria miniatura|O senador por Idaho James A. McClure, un dos promotores da creación do dólar American Silver Eagle. O 27 de maio de 1982, o senador McClure presentou un proxecto de lei "para dispor da prata das reservas da defensa nacional mediante a emisión de moedas de prata", para "reorientar a venda de prata das nosas reservas nun esforzo por minimizar o seu efecto no xa deprimido prezo da prata"."National Security Silver Disposal Act of 1982". S. 2598, 97th Cong., 2d sess., Congressional Record 128, pt. 9:12321. O 22 de xuño, o representante republicano por Idaho Larry E. Craig presentou un proxecto de lei idéntico; amos os proxectos foron remitidos aos comités encargados, mais non chegaron a promulgarse. O Wall Street Journal informou de que o prezo da prata se disparara "logo de que o secretario do Interior, James Watt, anunciara que a venda das reservas de prata do Goberno se posporía indefinidamente", xa que se adiara o estudo legalmente esixido sobre os posibles métodos de venda da prata."Silver Price Soars After U.S. Postpones Sales of Stockpile". En Wall Street Journal. 30 de xuño de 1982.

O 27 de xaneiro de 1983, o senador McClure presentou un novo proxecto de lei case idéntico ao que el mesmo presentara o 27 de maio de 1982. Do mesmo xeito que no anterior, o senador solicitaba:"National Security Silver Disposal Act of 1983". S. 269, 98th Cong., 1st sess., Congressional Record 129, pt. 1:1050.

O proxecto de lei remitiuse á Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos, que celebrou unha sesión o 15 de abril de 1983, aínda que non chegou a promulgarse como lei."Senate Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs, Gold and Silver Coinage Proposals: Hearing Before the Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs, United States Senate, Ninety-Eighth Congress, First Session, on S. 42 "To Provide for the Minting of American Gold Eagle Coins Pursuant to Article 1, Section 8 of the United States Constitution" and S. 269 "To Provide for the Disposal of Silver from the National Defense Stockpile through the Issuance of Silver Coins". 98th Cong., 1st sess. 15 de abril de 1983.

Dous anos despois, coas vendas de prata aínda suspendidas, o senador McClure presentou unha nova proposta encamiñada a esixir que as hipotéticas vendas se realizasen mediante a emisión de moedas cuñadas coa devandita prata. Esta vez, a súa proposta adoptou a forma de emenda á "Lei de moedas conmemorativas da Estatua da Liberdade e a Illa Ellis". O contido da emenda de McClure pódese resumir nos seguintes puntos:Amendment no. 418, 99th Cong., 1st sess., Congressional Record 131, pt. 12:16799-16800.

Autorización ao secretario do Tesouro para que ordene cuñar e emitir moedas de prata de investimento Determinación das especificacións das moedas (diámetro, peso, lei, deseño, lendas e acabamento do canto). Venda das moedas. Status numismático e de curso legal. Adquisición da prata das reservas. Data de entrada en vigor: 1 de outubro de 1985; ademais, estipulación de que non se poderá vender ningunha moeda antes do 1 de setembro de 1986.

O Senado aceptou esta emenda o 21 de xuño de 1985 e a cámara aprobou o proxecto de lei modificado tres días despois e foi asinado polo presidente Ronald Reagan o 9 de xullo de 1985. Xa que logo, o programa American Silver Eagle quedou autorizado polo título II da Lei pública 99-61 (coñecida como Liberty Coin Act)."Public Law 99-61 - JULY 9, 1985". Congress.gov"Legislation Impacting American Silver Eagles". SilverEagleGuide.com

Extensión do programa en 2002 A lei que autoriza a emisión da serie de investimento American Silver Eagle estipula que a prata utilizada para a cuñaxe das moedas se adquira das reservas nacionais da defensa, coa intención de esgotar as existencias paseniño ao longo de varios anos. En 2002 evidenciouse que as reservas se esgotarían axiña e que cumpriría un novo marco lexislativo para garantir a continuidade do programa. O 6 de xuño de 2002, o senador demócrata por Nevada Harry Reid presentou un proxecto de lei "de apoio ao programa de moedas de prata de investimento American Eagle Silver", encamiñado a "autorizar o secretario do Tesouro para a adquisición de prata no mercado aberto cando se esgoten as existencias de prata". Este proxecto de lei foi aprobado polo Senado o 21 de xuño de 2002 e pola Cámara de Representantes o 27 de xuño, e o presidente George W. Bush asinouno o 23 de xullo para o converter na Lei Pública 107-201."Public Law 107-201 - JULY 23, 2002". Congress.gov

Historia da produción