Antonio Gil Otero, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1889, foi un militar galego.

Traxectoria Estudou na Escola de Infantaría de Toledo. Militar profesional. Membro da masonaría, estaba afiliado a Izquierda Republicana. En xullo de 1936 estaba destinado no Rexemento Albuera nº 16 de Lleida co rango de maior. Na guerra civil desempeñou diversos mandos na columna «Carlos Marx», composta por membros do Partit Socialista Unificat de Catalunya, e el mesmo chegou a afiliarse ao PSUC. Participou na expedición de Alberto Bayo a Mallorca desembarcando na illa o 16 de agosto cunha centuria de milicianos do PSUC, UGT e CNT. Foi xefe do Batallón de Barbastro, xefe da 109ª Brigada Mixta como tenente coronel de Infantaría,109ª Brigada Mixta xefe de Estado Maior da 28 División, xefe da 43 División, xefe do XI Corpo de Exército, e xefe de estudos da Escola Popular de Guerra da fronte oriental. Coa derrota da República exiliouse en Francia e foi internado no campo de concentración de Sait Cyprien. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia

Vida persoal

Casou con Ana María Bertucce Palomo e foi pai de Concha Gil Bertucce.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Galería de personal del Ejército popular

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en ano descoñecido