Sabino Jurado Romero, nado en Tui en 1900 e finado en Cidade de México o 11 de maio de 1970, foi un militar galego.

Traxectoria Fillo de Sabino Jurado. Avogado, traballou en Madrid no gremio da leitería e nunha compañía de patentes internacionais. Afiliado a UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 serviu como xefe comandante de operacións e membro do Estado Maior do XVIII Corpo de Exército, sendo ferido de gravidade na defensa de Pozoblanco en abril de 1937. Foi ascendido a capitán de milicias o 16 de outubro de 1938.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 21-10-1938, p. 300 Nas operaciónes do Ebro estivo no comando das Divisións 27ª e 60ª. Coa derrota da República exiliouse en Francia e foi internado nos campos de concentración de Prats de Molló, Le Téch e Barcarès.Los juristas del exilio español en la Escuela Nacional de Jurisprudencia O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Recibiu subsidio das organizacións de axuda aos republicanos españois e instalouse coa familia en Cidade de México. Traballou como axente viaxeiro a comisión de distintas industrias: Fábrica de Calzados G.B.P., Compañía de Camisas Manchester, Fábricas de Bonetería Boston Sweater S.A. e Fábrica de Ropa íntima Caresse S.A. Tamén traballou no Café Betis.

Vida persoal

Casou con Pilar Sancho Forcada, coa que tivo tres fillos: José Luis, Marisol e Diana Jurado Sancho. Viúvo, casou en México con Martha Castillejo Martínez en 1943. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Jurado Romero, Sabino (1900-1970)

"México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Tui

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1970