Manuel Rego Nieto, nado en Moreiras (Toén) en 1932 e finado en Ourense en maio de 2017, foi un político e escritor galego.
Traxectoria Foi concelleiro e tenente-alcalde de Ourense no franquismo cos alcaldes David Ferrer Garrido e Ricardo Martín Esperanza. Foi relacións públicas na Oficina Provincial de Inversións (OPRI) dependente da Deputación de Ourense, foi xerente do Hospital Santa María Nai e do Teatro Principal. Pertenceu á directiva da Coral de Ruada, da que foi presidente durante dez anos, e do Orfeón Unión Ourensana, e foi presidente do Festival do Miño. Foi o representante en Ourense do Partido Carlista. Finou en Ourense en maio de 2007.
Obra El Festival del Miño, 1992. Moreiras en postais, 2000. Anduriñas en Solveira, 2001. Arquitectura popular en Solveira de Paderne, 2003. Carlistas que ya no están, 2003. Jóvenes de Acción Católica, 2004. Planean las gaviotas, 2004. Recuerdos de un barrio, 2004. Imágenes carlinas, 2005. Consello de Forzas Políticas Galegas, lembrando o anecdótico, 2006. Cousas do Teatro Principal, 2007. Los fueros, 2007. Exclusivamente ourensano, 2005-2007. Lembranza de xentes leais, 2014.
La Región, 2016. A xeito de memorias.
Recoñecementos
Fillo predilecto de Toén.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas 'La política me costó mucho dinero'
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Toén Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes