Luciano Vidán Freiría,Nalgunha fontes figura como Luciano Vidán Freyría. nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 6 de xullo de 1967, foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria

Fillo de Alberto Vidán García e Benita Freiría Portela. Funcionario do Banco Anglo-Americano en Vigo, despois pasou a ser secretario-contador da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da que chegou a ser director-xerente. Militanter de Izquierda Republicana. En 1936 foi nomeado delegado do Goberno no Instituto de Crédito das Caixas de Aforros. Foi nomeado gobernador do Banco Hipotecario Español en agosto de 1936.El Compostelano, 7-8-1936, p. 3. En Valencia integrouse na Solidaridade Galega Antifeixista cos seus amigos Alejandro Viana Esperón e Laureano Poza Juncal. Logo da derrota da República pasou a Francia e exiliouse na Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.Exiliados republicanos en la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires: inserción y participación política (1939-1946) Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938 e foi condenado en novembro de 1939 a 8 anos de inhabilitación absoluta e multa de 10.000 pesetas.El Pueblo Gallego, 14-11-1939, p. 1. Na Arxentina traballou na aseguradora "Continental". Foi membro da Comisión de Prensa de Galicia. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Manuel García Gerpe e Severino Iglesias Siso, da que foi vogal. Visitou Galicia a principios de 1955.El Pueblo Gallego, 10-2-1955, p. 3. Retornou a España e foi subdirector xeral do Banco Mercantil e Industrial en Madrid, director da sucursal de Madrid do Banco Rural y Mediterráneo, pasando en 1958 a ser subdirector do banco.La Noche, 6-3-1958 marzo 6 Morreu en Madrid o 6 de xullo de 1967 e foi soterrado no cemiterio de San Domingos de Santiago de Compostela.El Pueblo Gallego, 9-7-1967, p, 18.Necrolóxica en ABC, 5-7-1968, p. 117. Vida persoal

Casou con María Celina Sanmartín García en 1935. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1967