Llyn Llydaw (literalmente: "lago bretón") é un lago natural de 0,45 km² no noroeste de Gales.

Xeografía e xeoloxía Está situado ao longo das ladeiras do monte Snowdon, dentro do parque nacional de Snowdonia, no condado de Gwynedd.

Llyn Llydaw esténdese ao noroeste de Llyn Gwynant e do val chamado Nant Gwynant e ao sueste de Llyn Glaslyn.

O Llyn Llydaw ten forma alongada, propia dos lagos formados durante unha erosión glaciar.

Historia En 1873, construíuse un encoro ao longo do Llyn Llydaw para facilitar o traballo nas minas de cobre de Snowdonia. O lago abastece de auga, a través dun tubo de superficie, á central hidroeléctrica de Cwm Dyli, 320 m máis abaixo do val de Nant Gwynant. Foi o primeiro sistema de xeración de electricidade deste tipo no Reino Unido, e foi inaugurado en 1906.

Transporte Só se pode chegar a Llyn Llydaw a pé. O aparcadoiro máis próximo é Pen Y Pass Snowdon.

O lago está situado ao longo da pista dos mineiros (Miner's Track), a ruta que leva ao cumio do monte Snowdon.

Cultura

Na mitoloxía Segundo a lenda, o Llyn Llydaw sería a morada de Nimue ou Vivienne, coñecida como a Dama do Lago, que tamén tivo un encontro co rei Artur no lugar. Segundo outra versión, desde Llyn Llydaw partiu Artur para Avalon.

Na cultura popular O Llyn Llydaw é o tema dunha pintura de 1872 de Sidney Richard Percy O lago aparece na Wild Swimming Adventure de Robson Green (ITV Network decembro de 2009), escollido porque se afirma que é o lago máis frío de Gran Bretaña. O sitio web de Green indica que a auga estaba a 7° Celsius Sitio web de Robson Green.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Llyn Ogwen

Bibliografía Geraint Roberts, The Lakes of Eryri ; Gwasg Carreg Gwalch (1995) ISBN 10 - 0863813380 Wikidata Q76478248

Categoría:Xeografía de Gales Categoría:Mitoloxía galesa