A Asemblea de Galicia ou Asemblea Galiciana (en ) foi a asemblea parlamentaria referida ao territorio centroeuropeo de Galicia en 1991. En certas linguas pode ser precisa unha desambiguación co Parlamento de Galicia ou con parlamentos históricos en Lyiv (como o Sejm ou Sojm de Galicia: Galician Sejm, Sejm Galicyjski, Sejm Krajowy, Galician Diet, etc.).
Historia miniatura|Vyacheslav Chornovol, un dos iniciadores da Asemblea Galiciana miniatura|esquerda|Palacio da Ópera de Lyiv, lugar de celebración da Asemblea. A Asemblea foi a sesión conxunta dos consellos rexionais do oblast de Lviv, Ternopil e Ivano-Frankivsk o 16 de febreiro de 1991 en Ucraína (naquel momento formaba parte da República Socialista Soviética de Ucraína). A asemblea aprobou un acordo de cooperación entre os tres consellos rexionais nos ámbitos político, económico, científico, humanitario e cultural nun contexto de inestabilidade política na Unión Soviética.
Valoracións A idea da Asemblea foi criticada polo historiador Yaroslav Dashkevich referíndose a unha paixón infantil.
O líder comunista Pyotr Simonenko cualificou a Asemblea como "bacilo do separatismo", comentario polo que un dos iniciadores da Asemblea de Galicia, Nikolai Yakovina, se comprometeu a demandar a Simonenko.
O politicólogo Aleksey Garan dixo que non fora creada por unha base xeográfica, senón por atribuírse o "dominio dos demócratas".
Notas
Véxase tamén
Ucraína Galicia (Centroeuropa) Rexionalismo en Ucraína República Socialista Soviética de Galicia Unión Soviética
Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Historia da Unión Soviética