O encoro de Pé de Viña foi construído no 1907, no río Eo, entre as comunidades de Asturias (concello de Santiso de Abres) e Galicia (concello de Trabada). Recibe o seu nome do lugar de Pé de Viña, da parroquia de Vilaformán, e alimenta a central hidroeléctrica de Pé de Viña.

Historia En maio de 2022, co encoro e central pertencendo a ENEL Green Power España, a Audiencia Nacional ordenou derribar as instalacións, despois de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica o decidise en xuño de 2019. A decisión vén argumentada por quedar 'acreditados os motivos de protección medioambiental que aconsellan a demolición das instalacións e a súa adecuación paisaxística'. As instalacións están nun LIC dentro da Reserva da Biosfera río Eo, Ozcos e Terras de Burón, ó pé da Ruta da antiga vía do ferrocarril Viloudriz - Ribadeo.miniatura|Central eléctrica de Pé de Viña.|centro Notas

Pe de Vina Pe de Viña Categoría:Trabada Categoría:Santiso de Abres