Julieta Serrano Romero, nada en Barcelona o 2 de xaneiro de 1933, é unha actriz española.
Traxectoria Julieta Serrano provén dunha familia de actores e comezou no teatro afeccionado. A prolífica carreira de Serrano iniciouse na década de 1950. Os seus primeiros anos transcorreron entre Barcelona, Casinos (Valencia)«»,El Periódico de Aquí, 04-I-2019 e Madrid entrando a formar parte da compañía teatral de José Tamayo.
Ao longo da súa carreira compaxinou o cinema co teatro e a televisión.
Recoñecementos En 2018 recibiu o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte pola súa participación en Ricardo III no Teatro Nacional de Cataluña e Dentro de la tierra no Centro Dramático Nacional e pola "súa incansable busca artística e intelectual, o compromiso e a súa xenerosidade no traballo, a súa proximidade e o seu incalculable talento interpretativo". En 2019 recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes. O 25 de xaneiro de 2020 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo filme Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar, converténdose na actriz de máis idade que conseguiu un Goya.
Filmografía
Secuestro en la ciudad (1965) El juego de la oca (1966) 40 grados a la sombra (1967) Crónica de 9 meses (1967) Laia (1970) El hombre oculto (1971) Tirarse al monte (1971) Marianela (1972) Mi querida señorita (1972) Zumo (1972) Abismo (1972) Vera, un cuento cruel (1973) Grandeur nature (1974) El amor del capitán Brando (1974) La prima Angélica (1974) In memoriam (1977) Soldados (1978) Vámonos, Bárbara (1978) Carne apaleada (1978) La familia, bien, gracias (1979) Cuentos eróticos (1980) Yo qué sé (1980) Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980) La mujer del ministro (1981) Cuentos para una escapada (1981) Cuerpo a cuerpo (1982) Un genio en apuros (1983) Entre tinieblas (1983) El caballero del dragón (1985) Tata mía (1986) Matador (1986) Iniciativa privada (1986) El pecador impecable (1987) Material urbà (1987) Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) Monte bajo (1989) ¡Átame! (1990) Ho sap el ministre? (1991) Salsa rosa (1992) Cràpules (1993) La febre de l'or (1993) El amante bilingüe (1993) Nexo (1995) La novia moderna (1995) Turno de oficio II (1996) Un cos al bosc (1996) Alma gitana (1996) La parabólica (1996) La Moños (1997) Carícies (1998) Marta y alrededores (1999) Cando volvas ó meu lado (1999) Nosotras (2000) Sagitario (2001) Arderás conmigo (2002) La mirada violeta (2004) Treinta y cinco (2004) Electrohock (2005) ¿Y a mí quién me cuida? (2006) Un poco de chocolate (2008) Villaviciosa de al lado (2016) El aviso (2018) Dolor y gloria (2019) Madres paralelas (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en TeatreBCN
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1933 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Premio Creu de Sant Jordi