José Niebla García, nado en Ferrol cara a 1902 e finado en Vigo o 11 de abril de 1937, foi un fogueiro asasinado durante a guerra civil española. miniatura|NA MEMORIADOS HOMES E MULLERESDE TEIS ASASINADOS EREPRESALIADOS DURANTEA DITADURA FASCISTA(1936-1975) POLADEFENSA DA DEMOCRACIA E DOSINTERESES POPULARESNESTE LUGAR FORON ASASINADOSÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR EJOSÉ NIEBLA GARCÍA 11-04-1937TEIS, 25 DE DECEMBRO DE 2008
Traxectoria Fogueiro, traballaba nunha draga no porto de Vigo. Veciño de Toural-Teis. Casado con Ángela Iglesias Rebollar, con quen tiña dous fillos, José e Eliseo. Evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.Ángela Iglesias Rebollar e José Niebla García Notas
Véxase tamén Outros artigos Represión franquista en Galicia
Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1902 Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia