Beatriz Rey Gómez-Guitián,Bea Rey en Afundación nada na Coruña o 17 de marzo de 1939,Dama de Elche é unha pintora galega.
Traxectoria Bea Rey naceu na Coruña, filla do farmacéutico e empresario José Rey, que participou na fundación do Grupo Sargadelos. Desde nova tivo relación con artistas como Luís Seoane ou Rafael Dieste.
Licenciouse en 1968 na escola da Real Academia de San Fernando de Madrid, e ese ano realizou a súa primeira exposición individual na Sala Quijote desa cidade. Entre 1968 e 1970 formou parte do movemento Estampa Popular Galega, co cal expuxo en Galicia e Montevideo; unha «subversiva» estampa dela, xunto con outras dúas, provocou que a exposición celebrada en Tui rematase coa detención dos organizadores e a clausura obrigada por «injurias a la Nación, al Ejército y a la Guardia Civil». Posteriormente expuxo en varias cidades galegas e en países como Finlandia, Francia e Alemaña.
A obra de Rey, cunha destacada presenza da xeometría e mesmo do cubismo, avanzou cara ao surrealismo.
Legado miniatura|Museo Bea Rey. En marzo de 2019 inaugurouse no Lago (Cumbraos, Sobrado) o museo Bea Rey.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Museo Bea Rey Bea Rey en Pintores Gallegos Obras de Bea Rey no Museo Reina Sofía .
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1939 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes