O Convair B-58 Hustler foi o primeiro bombardeiro operativo capaz de voar a Mach 2.Wilson 2000, p. 38 O Hustler foi deseñado e fabricado pola compañía estadounidense Convair.

O B-58 desenvolveuse durante os anos 50 para o Mando Aéreo Estratéxico (SAC) da USAF. Para acadar as altas velocidades desexadas, Convair elixiu un deseño en á en delta usado por cazas contemporáneos como o Convair F-102. O bombardeiro estaba impulsado por catro motores General Electric J79 en góndolas baixo as ás. O Hustler non tiña bodega de bombas: levaba unha única arma nuclear máis combustible nunha vaíña baixo a fuselaxe. Posteriormente engadíronselle catro soportes externos, permitíndolle levar ata cinco armas.

O B-58 entrou en servizo en marzo de 1960, e voou durante unha década con dúas unidades do SAC: a 43ª Á de Bombardeo e a 305ª Á de Bombardeo. Era considerado difícil de voar, impoñendo unha gran carga de traballo aos seus tres tripulantes. Deseñado para substituír o bombardeiro estratéxico subsónico Boeing B-47 Stratojet, o B-58 fíxose famoso polo seu estoupido sónico escoitado en terra pola xente cando pasaba en voo supersónico."B-58's Sonic Boom Rattles Kentuckians". Chicago Daily Tribune. 1961-12-19

O B-58 foi deseñado para voar a grande altura e a velocidade supersónica para evitar aos interceptores soviéticos. Pero coa introdución de mísiles terra-aire soviéticos de grande altura, o B-58 viuse forzado a adoptar un rol de penetración a baixa cota que limitou gravemente o seu alcance e valor estratéxico. Nunca foi usado para lanzar bombas convencionais. O B-58 era substancialmente máis caro de operar que outros bombardeiros, como o Boeing B-52 Stratofortress, e precisaba abastecemento aéreo máis frecuente. O B-58 tamén sufriu unha alta taxa de perdas en accidentes. Estes factores fixeron nunha carreira operativa de tan só dez anos. O B-58 foi sucedido no seu rol polo máis pequeno avión de xeometría variable FB-111A.Morrison, David C. (febreiro de 1984). "The Weapons Tutorial: Air-Breathing Nuclear Delivery Systems". Bulletin of the Atomic Scientists. 40 (2): 34.

Notas

Bibliografía

Wilson, Stewart. Combat Aircraft since 1945. Fyshwick, ACT, Australia: Aerospace Publications Pty Ltd, 2000, p. 38. .

Categoría:Aeronaves de Convair Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1956 Categoría:Bombardeiros