Envole-moi é un filme franco-italiano de 2021 coescrito e dirixido por Christophe Barratier. Trátase da adaptación da novela alemá Dieses bescheuerte Herz : Über den Mut zu träumen, escrita por de Lars Amend e Daniel Meyer (2013), da cal existe un filme alemán Dieses bescheuerte Herz de Marc Rothemund (2017).
Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.
Sinopse Thomas, de 29 anos, pasa case todas as noites na discoteca e os días durmindo. Canso desta situación, o seu pai cirurxián, doutor Reinhard, decide non darlle máis cartos. Tamén lle esixe que coide dun dos seus novos pacientes. Marcus, de 12 anos, vive só coa súa nai Maissa, padece unha grave enfermidade e é discapacitado múltiple. A súa vida está marcada polo seu día a día nun centro de acollida médica e as súas frecuentes estancias hospitalarias.
Personaxes Victor Belmondo como Thomas Gérard Lanvin como Reinhard Yoann Eloundou como Marcus Ornella Fleury como Julie Marie-Sohna Condé como Maïssa François Bureloup como Rouvier Jean-Louis Barcelona como Jean-Louis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Christophe Barratier Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego