Dólar de prata do presidente doTribunal Supremo John Marshall360x360pxA/: Retrato de John Marshall cara á esquerda. Data; marcas de ceca (P) e de gravador (JM). Lendas: CHIEF JUSTICE UNITED STATES SURPREME COURT 1801-1835 / JOHN MARSHALL / LIBERTY / IN GOD WE TRUST R/: Antiga sala do Tribunal Supremo dos EEUU. Marca de gravador (DW). Lenda: E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Gravador: John Mercanti (anv.) e Donna Weaver (rev.). Datas de emisión: 2005 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia ("P"). Tiraxe: 263.849 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do presidente do Tribunal Supremo John Marshall é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2005 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 108-290, do 6 de agosto de 2004,"Public Law 108-290 - AUG. 6, 2004". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa do 250º aniversario do nacemento de John Marshall (1755-1835), que foi presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos (Chief Justice), e coa que tamén se pretendía recoñecer a importancia do Poder Xudicial nese país."Chief Justice John Marshall Silver Dollar". United States Mint.
Deseño A Casa da Moeda dos Estados Unidos anunciou en febreiro os deseños desta moeda conmemorativa."United States Mint Releases Designs for Chief Justice John Marshall Silver Dollar". United States Mint.
No anverso da moeda, deseñado e gravado por John Mercanti, reprodúcese o retrato de perfil de John Marshall, baseado nun cadro realizado en 1808 polo retratista francés Charles Balthazar Julien Févret de Saint-Mémin, con lendas lendas alusivas ao seu período como cuarto presidente do Tribunal supremo dos Estados Unidos: 1801-1835."1 Dollar Chief Justice John Marshall". Numista.com
miniatura|160x160px|Gravado de Charles Balthazar Julien Févret de Saint-Mémin, que J. Mercanti tomou como modelo para o anverso."John Marshall, head-and-shoulders portrait, right profile". Library of Congress.
Pola súa banda, o reverso representa unha vista interior da antiga sala do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, no Capitolio, en Washington.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 400.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde partir do 25 de abril de 2005."John Marshall Commemorative Silver Dollar Available April 25". United States Mint. 13 de abril de 2005.
A súa produción foi de 67.096 dólares na súa condición estándar e 196.753 con acabamento especial (proof), o que fai un total de 263.849 exemplares, lonxe da tiraxe máxima autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2005 Chief Justice John Marshall Silver Dollar". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en condición proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Sociedade Histórica do Tribunal Supremo (Supreme Court Historical Society).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2005 John Marshall Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América