Manuel Doménech Pinto, nado en Castelló de la Plana o 4 de decembro de 1925 e finado en Sevilla o 15 de decembro de 2005, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Sevilla.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Castellón, debutando co primeiro equipo na Primeira División en 1942, con só 17 anos.
En 1946 fichou polo Sevilla, club co que debutou no estadio de Riazor, na primeira edición do Trofeo Teresa Herrera ante o Athletic de Bilbao, marcando o terceiro e decisivo gol do seu equipo, que se fixo co título. Militou no club andaluz durante as seguintes 12 tempadas, disputando un total de 264 partidos oficiais e marcando 77 goles. En 1948 proclamouse campión da Copa do Xeneralísimo, despois de derrotar na final de Chamartín ao Celta de Vigo. Ademais foi subcampión de liga na tempada 1950/51 e de Copa en 1955.
En 1958 foi traspasado ao Racing de Santander, onde xogou unha tempada antes de regresar ao Castellón, onde rematou a súa carreira en 1961.
Selección española Foi internacional coa selección española en tres partidos amigables. O primeiro deles foi o 19 de xuño de 1955 ante Suíza, partido disputado en Xenebra que rematou cun 0-3 para os españois. Ese mesmo ano xogou tamén contra Irlanda en Dublín e contra Inglaterra en Wembley.Ficha en Fútbol en Red
Palmarés Sevilla Copa do Xeneralísimo (1): 1948.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador no sitio web da selección española .
Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Adestradores do Recreativo de Huelva Categoría:Adestradores da AD Ceuta