Ubaldo Pazos Vidal, nado en Padrón, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Curmán de Ramón Pazos Jiménez. Marchou a Zaragoza en 1933.El Ideal Gallego, 21-4-1933, p. 2. Durante a Guerra civil, participou no bando sublevado como Alférez provisional. En Zaragoza, foi o primeiro director do xornal Amanecer que apareceu en agosto de 1936. Afiliouse a Falange e foi xefe rexional de Prensa e Propaganda de Aragón e A Rioxa. Nos anos corenta foi redactor de Hechos, cesando en 1943 para pasar a Primer Plano de Madrid;Gaceta de la Prensa Española, 1-1-1943, p. 64. despois foi redactor de La Vanguardia, posto do que cesou en 1947.La Vanguardia, 25-11-1947, p. 9. Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido