Flora de Dios Rodríguez, nada en Iria Flavia (Padrón) cara a 1914, foi unha conserveira e política galega.

Traxectoria Conserveira veciña do Toural (Teis, Vigo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida por enfrontarse ao pelotón de soldados que declaou o estado de guerra na Porta do Sol. Xulgada na causa 807/36 por rebelión nun consello de guerra celebrado en Vigo o 16 de outubro xunto cunha compañeira,El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2. sendo defendida por José Queizán Hermida.El Pueblo Gallego, 16-10-1936, p. 2. Foi condenada a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Saturrarán, onde ingresou o 1 de marzo de 1938. Instruíronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.El Ideal Gallego, 27-6-1940, p. 2. Saíu en liberdade condicional en agosto de 1940. Vida persoal

Casou con Agustín Leira Fernández.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1914