Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda

A Lei da Moeda de 1873 dos Estados Unidos (en inglés: Coinage Act of 1873)Bureau of the Mint (1904). Páxina 66. foi unha lei que supuxo unha revisión xeral das leis anteriores relativas á moeda e ás casas de moeda dos Estados Unidos.

Esta lei estableceu un padrón ouro de facto, ao pór fin ao dereito que tiñan os posuidores de prata de convertela en dólares de prata na Casa da Moeda, ao tempo que permitía aos posuidores de ouro seguir a converter o seu metal en diñeiro. Outras das novidades da lei foron a creación do dólar de comercio, cun curso legal moi limitado e destinado ao seu uso no Extremo Oriente, así como a supresión de tres moedas de escaso valor facial.

A controversia xerada pola Lei da Moeda de 1873 fixo que os seus detractores a coñecesen como o Crime de 1873.

Síntese En 1869 considerouse que estaba obsoleta a Lei da Moeda de 1837, promulgada antes de que tanto a febre do ouro de California como a guerra civil estadounidense desestabilizasen tanto o sistema monetario do país. O secretario do Tesouro, George Boutwell, encargoulle ao daquela controlador de moeda adxunto, John Jay Knox, que redactase unha lei, posteriormente presentada ao Congreso polo senador de Ohio John Sherman. O prezo de mercado da prata superaba entón o prezo ao que a Casa da Moeda podería comprar ese metal, polo que se suprimiu a demanda de prata á poboación para a converter en moedas dun dólar. No entanto, Knox e outros prognosticaron correctamente que o desenvolvemento de diversas minas, entre outras a de Comstock Lode, reduciría o prezo da prata e volvería facer atractiva para a poboación a súa amoedación. O Congreso tomou en consideración o proxecto de lei e tramitouno durante case tres anos antes da súa aprobación, que traería consigo a implantación do padrón ouro ao pór fin ao bimetalismo. Logo de aprobado, o proxecto de lei converteuse en lei o 12 de febreiro de 1873, mediante a súa sinatura por parte do presidente Ulysses S. Grant, e entrou en vigor o 1 de abril dese mesmo ano.

En 1876, cando o prezo de mercado da prata caeu como efectivamente estaba previsto, os produtores comezaron a levar o seu metal á Casa da Moeda, aínda que alí se informaban de que a súa cuñaxe xa non estaba autorizada. Este asunto converteuse nunha longa controversia que durou o resto do século, enfrontando os que valoraban o padrón ouro deflacionario cos que crían que a cuñaxe libre da prata, unha política inflacionista, era necesaria para a prosperidade económica. Malia as acusacións vertidas naquel momento, non houbo probas de que a Lei de Moeda 1873 tivese un fundamento corrupto. A disputa política resolveuse cando o padrón ouro foi promulgado explicitamente como lei en 1900.

Antecedentes A Lei da Moeda de 1792 establecera a Casa da Moeda dos Estados Unidos. Esta ceca, durante as primeiras décadas só cuñaba ouro e prata en función dos depósitos deste metal por parte da poboación, que recibía o seu metal convertido en moeda. Daquela, un dólar correspondía a un peso de prata e ao seu correspondente en ouro legalmente definidos, o que se traduce en que o sistema imperante era bimetalista. Un sistema deste tipo pode xerar inestabilidade cando cambia o prezo dun dos dous metais no mercado mundial, e isto ocorreu unhas décadas despois da aprobación da Lei de 1792, cando se viu alterada a relación entre os prezos do ouro e da prata en Europa. Nesa época, as moedas de prata e de ouro apenas tiñan circulación nos Estados Unidos, xa que adoitaban exportarse por mor deses cambios; a maioría das moedas en circulación eran de orixe estranxeira.Lange, D. W. (2006). Páxina 40.Taxay, D. (1983) . Páxinas 217-221.

Mediante a Lei da Moeda de 1834, o Congreso determinou que o valor do dólar fose algo inferior e rebaixou, por tanto, o contido en metal nobre das moedas, o que motivou que xa non resultase rendible exportalas e que, en consecuencia, entrasen máis en circulación nos Estados Unidos.Lange, D. W. (2006). Páxinas 41-42. Dada esta situación, o Congreso reexaminou a lexislación relativa á Casa da Moeda e achou que moitas disposicións estaban xa obsoletas, polo que promulgou a Lei da Moeda en 1837, que, entre outras cousas, dispuña a creación dun fondo de metais preciosos que permitise pagar aos depositantes sen esperar a que o seu metal pasase polo proceso de cuñaxe. A relación de valor entre os pesos equivalentes do ouro e a prata axustouse lixeiramente, o que permitiu que as moedas de ambos os metais circulasen dentro dos Estados Unidos.Lange, D. W. (2006). Páxina 47.

miniatura|300x300px|En virtude dunha lei de 1853, os depositantes xa non podían converter a súa prata en moedas de medio dólar e inferiores."½ Dollar "Seated Liberty Half Dollar"". Numista.com

Cando os prezos da prata subiron en relación aos do ouro a partir da febre do ouro de California, as moedas de prata pasaron a valer máis que o seu valor nominal e fluíron axiña cara ao estranxeiro para seren fundidas. Malia a forte oposición encabezada polo representante de Tennessee e futuro presidente Andrew Johnson, en 1853 reduciuse o contido de prata das moedas dos valores inferiores á dun dólar, o que permitiu a súa continuación na circulación. Ata daquela, os depositantes de prata podían elixir que o seu metal se cuñase en calquera valor facial dos existentes, desde os cinco centavos ata o dólar, mais a Lei da Moeda de 1853 eliminou a posibilidade de facelo en moedas inferiores ao dólar. Neste contexto, tendo en conta que o valor da prata da moeda dun dólar excedía o seu valor facial, aos depositantes resultáballes máis rendible vender o seu metal a xoieiros e outros fabricantes. En tanto que os prezos da prata seguiron altos, nos Estados Unidos continuaba imperando o padrón ouro.

Aínda que raras veces a Casa da Moeda recibiu depósitos de prata para a súa cuñaxe despois de 1853, si que adquiriu prata coas novas moedas lixeiras a prezos superiores aos de mercado, algo que era ilegal, xa que o Congreso ordenara que as novas moedas lixeiras só se poderían comprar con ouro, unha disposición encamiñada a limitar as cantidades vendidas á demanda real. Como as pezas de prata tiñan un límite para o seu curso legal de cinco exemplares, se circulaba un número excesivo delas poderían chegar a afogar o comercio. De feito, isto foi o que ocorreu, e os comerciantes e os banqueiros queixáronse de que con ese límite legal se vían obrigados a vender as acumulacións de moedas con descontos a corredores comerciais.Lange, D. W. (2006). Páxinas 91-92.

A superabundancia deu paso á escaseza cando a maioría das moedas federais foron acaparadas en medio do caos económico provocado pola guerra civil.Carothers, N. (1930). Páxinas 186-192.Van Ryzin, R. R. (2001). Páxina 140.Carothers, N. (1930). Páxinas 180, 193-194. Os greenbacks, un papel moeda que non estaba sustentado nin por prata nin por ouro, senón polo crédito dos Estados Unidos, eran necesarios para financiar os elevados gastos da guerra.Nugent, W. T. K. (1968). Páxinas 9-11. A finais da década de 1860, os políticos discrepaban acerca da rapidez coa que o Goberno debería volver a desembolsar ouro e prata como pagamento das súas obrigas. O secretario do Tesouro Hugh McCulloch consideraba que a mellor maneira de volver a esa práctica era retirar os greenbacks o antes posible, e así o fixo ata que o Congreso o impediu, ao considerar que a súa postura contraccionista estaba a prexudicar a economía.Nugent, W. T. K. (1968). Páxinas 91-95. A prata íase extraendo en maior cantidade no Vello Oeste e a caída do seu prezo fixo máis atractiva a opción de depositar este metal na Casa da Moeda para o amoedar; a cuñaxe de dólares de prata aumentou considerablemente a finais da década de 1860 e na de 1870. O dólar de prata era de curso legal e a algúns funcionarios preocupáballes que o aumento dos depósitos fixese que a prata expulsase o ouro da circulación, como predicía a Lei de Gresham, póndolle fin ao padrón ouro.Nugent, W. T. K. (1968). Páxinas 147-149.

Como había xa varias décadas que non se depositaban grandes cantidades de prata con regularidade para a súa cuñaxe, esquecíase adoito o feito de que os Estados Unidos estaba no padrón bimetálico desde 1792. Considerábase que o padrón ouro era a única opción posible e moita xente admitía que os Estados Unidos asumiran xa, de facto, ese padrón, algo que xa ocorrera formalmente en países como o Reino Unido, en 1816, e no Imperio Alemán, en 1871.Nugent, W. T. K. (1968). Páxinas 33-34.

Redacción do proxecto de lei miniatura|298x298px|John Jay Knox, Controlador da Moeda, fotografado por Mathew Brady (ca. 1870-1880)."Knox, Hon. John Jay, Controller of Currency". Library of Congress.

As perdas de case 250.000 dólares na Casa da Moeda de San Francisco preocupaban o Tesouro e, en 1866, o seu secretario, McCullough, encargoulle a John Jay Knox, un dos seus empregados, unha misión especial de investigación.Carothers, N. (1930). Páxina 209. Knox descubriu que as faltas de rigor nas transferencias de ouro entre varios funcionarios da ceca deran lugar a resultados carentes de coherencia nas contas da institución, pero ao non gardarse os recibos, non foi posible determinar responsabilidades. En 1869, Knox, que daquela ocupaba o cargo de controlador auxiliar da moeda, foi enviado polo sucesor de McCullough, George Boutwell, a investigar outras cecas sucursais da Casa da Moeda dos Estados Unidos, nas que descubriu grandes irregularidades, así como grandes perdas para o Goberno na Oficina de Ensaios de Nova York. Knox puxo de manifesto novamente a falta de procedementos contables axeitados.Van Ryzin, R. R. (2001). Páxina 53.

En 1867 tivo lugar en París unha conferencia monetaria internacional para debater como facer que as moedas de ouro dos diferentes países se cuñasen baixo un padrón común. Propúxose que os británicos e os estadounidenses fixesen axustes no soberano e na moeda de cinco dólares de ouro, respectivamente, para os equiparar a 25 francos franceses, e que Francia empezase a cuñar unha moeda de ouro con ese valor. Non se chegou a materializar nada disto, mais en xaneiro de 1868 o senador por Ohio John Sherman presentou un proxecto de lei para situar formalmente os Estados Unidos no padrón ouro, eliminando a prata das moedas de curso legal e aplicando as recomendacións da conferencia de París.Nugent, W. T. K. (1968). Páxinas 67-100, 105.

Knox, nun informe de 1866, recomendara unha revisión a fondo das leis relativas á Casa da Moeda dos Estadios Unidos, e en xaneiro de 1870 o secretario Boutwell encargoulle que preparase un borrardor. Para iso, Knox contou coa axuda do antigo director da Casa da Moeda Henry Linderman,Carothers, N. (1930). Páxina 226.Van Ryzin, R. R. (2001). Páxina 54. que formaba parte do departamento do Tesouro e que a partir de 1873 volvería ser nomeado director da ceca pública.Taxay, D. (1983) . Páxina 250.

Knox completou un proxecto de lei destinado a derrogar numerosas disposicións legais anticuadas e a reescribir outras. Propuxo eliminar o dólar de prata común e substituílo por outro alixeirado, cun límite baixo de curso legal. Tamén propuxo trasladara a oficina do director da Casa da Moeda de Filadelfia a Washington, eliminar a prima da Casa da Moeda pola cuñaxe de ouro, que daquela era do 5 %, así como abolir o cargo de tesoureiro nas casas de moeda e nas oficinas de ensaio, e transferir as súas funcións ao superintendente.Taxay, D. (1983) . Páxina 251. Ao redactar o proxecto de lei, Knox consultou con varios antigos funcionarios da Casa da Moeda, ademais de Linderman, como é o caso dos exdirectores James Ross Snowden e Robert M. Patterson, así como o que fora cuñador xefe da Ceca de Filadelfia, Franklin Peale. O daquela director da Casa da Moeda James Pollard enviou o proxecto de lei ao Congreso o 25 de abril de 1870.

Tramitación polas cámaras e aprobación