miniatura|Pomba branca representativa da paz. Entre os símbolos da paz na Terra atópanse dous elementos gráficos moi importantes.
unha pomba branca, cunha rama de oliveira no pico. Recoñecida como símbolo de paz tras as guerras do século XX. Esta pomba é de orixe bíblica. Aparece por primeira vez no relato da Arca de Noé, sendo a encargada de ver cal era o estado do mundo tras o diluvio universal (ao retornar coa oliveira indicaba que chegara a terra firme e fértil).
miniatura|Logo do símbolo da paz.
Un círculo con tres liñas no seu interior, unha na parte superior até abaixo e dúas na inferior en forma de pegada de ave, que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento hippy. Foi creado en 1950 polo deseñador británico Gerald Holtom para a campaña de desarmamento "British Campaign for Nuclear Disarmament", aínda que despois o seu significado estenderíase ao sentido máis xeral de "paz" co que se interpreta hoxe en día. Holtom baseouse nas letras (Nuclear Disarmament) segundo o alfabeto semáforo onde N representaríase con ambos os brazos cara a abaixo (un ao carón e outro ao outro) e a D cun brazo vertical cara a arriba e outro vertical cara a abaixo. Tempo despois Holtom admitiu que se inspirou na pintura de Goya "O 3 de maio en Madrid" onde un campesiño está a piques de ser fusilado, el arrepentiuse da connotación negativa do símbolo e quixo que se investise, é dicir que apuntase cara a arriba, pero o seu desexo foi ignorado.
miniatura|Símbolo da paz xaponés.
Outros países No Xapón adoptouse de facto a Grus japonensis de origami como símbolo da paz.
Bandeiras da Paz O contexto da globalización fixo ver a importancia de respectar os símbolos locais, dentro dun contexto global; e a educación para a paz, pasa pola presenza de símbolos externos que cos seus arquetipos próximos contribúa á cultura da paz.
En 2016, por iniciativa de Trapped in Suburbia, expertos en comunicación global, co apoio de UNESCO, foron deseñadas unha bandeira da paz por cada país, encargando o seu deseño a destacados artistas e deseñadores gráficos de cada país. A idea naceu dada a dificultade de consenso sobre unha bandeira única, xa que os símbolos, os conceptos de paz e mesmo as cores teñen diferentes significados en diferentes culturas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bandeira branca Bandeira galega Bandeiras da paz Bandeira branca-azul-branca Campá xaponesa da paz Día Internacional da Paz Paz Pipa da paz Senbazuru Sinal V
Q510345 Multimedia: Peace symbols
Categoría:Pacifismo Categoría:Símbolos Categoría:Bandeiras Categoría:Paz