Antonio Sánchez González, nado en Ourense o 28 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 15 de agosto de 1965, foi un mestre galego.

Traxectoria miniatura|300px|Asistentes á IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Antón Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo. Fillo de Delfín Sánchez Novoa e da mestra Sira González Cid. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense.La Región, 5-6-1914, p. 3. Foi mestre interino de Piñor,El Pueblo Gallego, 11-2-1927, p. 11. e propietario de San Xurxo (San Xoán de Río),La Región, 12-7-1927, p. 1. As Neves,La Región, 17-12-1929, p. 8. e Trasalba; despois foi director da escola graduada de Ourense.Grupo Escolar nº 1 Amigo de Otero Pedrayo e membro das Irmandades da Fala, asistiu á IV Asemblea Nacionalista de Monforte.Identificando persoeiros das Irmandades da Fala Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido temporalmente de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense en agosto.La Región, 4-8-1936, p. 4. Foi reposto provisionalmente en outubro de 1937,La Región, 15-10-1937, p. 4. e sancionado con perda de haberes dos tres primeiros meses de suspensión en novembro dese ano.La Región, 18-11-1937, p. 4. En 1941 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 7-11-1941, p. 4082. Finou en Ourense o 15 de agosto de 1965.Necrolóxica en La Región, 15-8-1965, p. 8.

Vida persoal

Casou en Tui con Margarita Abundancia Fortes, filla de Pío Abundancia Álvarez, en 1930,El Pueblo Gallego, 21-8-1930, p. 7. e foi pai de Margarita, que casou con Adelmo Salgado Pérez, Sira-Petra, que casou con Paulino Fernández Otero,La Región, 1-7-1953, p. 8. María Rita, que casou con Manuel Domínguez Lorenzo,El Pueblo Gallego, 11-12-1959, p. 11. e María de los Dolores Sánchez Abundancia. Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1965