O río Ibias é un río de 50,1 quilómetros do noroeste da Península Ibérica que nace no concello asturiano de Degaña e logo de pasar polos de Cangas del Narcea e Ibias aboca no río Navia no concello galego de Negueira de Muñiz.
Percorrido Nace no pico Valdecampo en Las Muroquinas e tras baixar cara ao sur únese ao río Zarréu, por veces considerado parte do Ibias. No seu percorrido colle augas tamén do Luíña, Peliceira e máis do Viouga e finalmente aboca no encoro de Salime á altura de Ouviaño no Navia, do que é o seu principal afluente. Notas
Categoría:Ríos da provincia de Lugo Categoría:Ríos de Asturias Categoría:Ibias Categoría:Degaña Categoría:Negueira de Muñiz