O río Fulda tamén chamado en alemán Gersfelder Wasser, é un río de Alemaña que discorre principalmente en dirección norte polo estado de Hesse, até confluír co río Werra xunto á cidade de Hann —preto das cidades de Kassel e Gotinga— pasando entre ambas o río Weser. Ten 220 km de lonxitude.
Curso esquerda|miniatura|Curso e cunca do río Fulda Os seus nacentes atópanse en Wasserkuppe, nas montañas do Rhön. Desde alí corre en dirección nordés flanqueado polas montañas Knüll, polo oeste, e as fragas Seulings, polo leste. Preto da localidade de Bebra cambia o seu curso en dirección noroeste. Logo de xuntarse co río Eder corre cara ao norte até chegar á cidade de Kassel e cambia de novo de dirección, cara ao nordés, deixando ao bosque de Kaufunger, ao leste, e os comezos do bosque de Rheinhards, ao noroeste. Finalmente conflúe co río Werra en Hann-Münden, formando ambos o río Weser.
Ao longo do seu curso atópanse as seguintes cidades e localidades:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Videoclip (10 MB, 1:20 min) do sitio en alemán http://www.osthessen-news.de
Categoría:Ríos de Alemaña