José García Vázquez, coñecido como Pepe Garalva, nado en Lugo en 1929 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 2015,"Fallece Pepe Garalva, promotor de desfiles y exfutbolista", La Voz de Galicia, 22-10-2015, p. 15. foi un técnico de publicidade e promotor dos certames de mises femininas en Galicia.
Traxectoria
Estudou no colexio de Lomas e nos Maristas ata os 17 anos. Foi futbolista. Traballou na construtora Entrecanales y Távora de Vitoria. Retornou a Lugo e ingresou nas oficinas de Ramón Jato y Hermano. Comezou organizando veladas de boxeo e concursos de cantantes noveles como Fiesta en el Aire ou Desfile de Estrellas para dedicarse finalmente á organización de festivais e concursos de beleza feminina. Durante máis de corenta anos asumiu a organización dos festivais de mises en toda Galicia, realizando máis de 240 desfiles. A axencia Garalva, que tiña por lema “Déjenos pensar por usted”, promoveu a revista Competición, que se repartía nos bares cos resultados das competicións deportivas do domingo, a revista quincenal La Muralla e El Mirador Lucense.
Vida persoal
Casou con Berta Abelairas e tivo tres fillas. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Pepe Garalva, máximo hacedor de misses
«Viví de las 'misses' y ellas de mí», entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2015